Copa da Costa: Unhas grandes semis
Corme-Dumbría por un lado e un choque xalleira polo outro serán as semifinais da Copa da Costa 2012. Dúas grandes eliminatorias, con 4 equipazos en forma, que non darán nada por perdido.
E se ben Santa Comba e Dumbrái xa tiñan o pase sentenciado da ida, os partidos do Corme ante o Camariñas, e do Xallas co Cee forn ben intensos ata os últimos segundos.
Camariñas - Corme (2-0)
- CORME: Susiño, Lelo, Adolfo, Pandi, Alejandro, Martin, Brais (Diego), Adri, Lucas, Iago (Gonzalo), Alejo (Abel).
- CAMARIÑAS: Pombo, Diango, Maikel, Manuel, Alberto (Yuyo), Paco, Moriño, De la Sierra, Carlos, Martín, Javi.
- Goles: 1-0, min.80: Alejandro tras unha falta rápida; 2-0, min.89: Alejandro tras unha boa internada.
- Expulsións: Carlos (min.80) e o míster Pepucho.
E foi un choque directo, sen contemplacións. Cun Camariñas ben armado, (a baixa de Juan oBello fíxolle moito dano aos de Pepucho) o Corme non era quen de chegar con perigo, nin sequera en contras.
Na segunda non se abriu o partido pero o Camariñas tivo que arriscar algo máis pois o empate a 0 non lle valía. Todo cambiou a 10 para o final. Unha falta en cuartos de cancha era botada con rapidez polos locais e Alejandro batía a Pombo mentres os camariñáns protestaban. Gol e dúas expulsións foi o resultado, que practicamente acababa coa eliminatoria, pois o Camariñas xa necesitaría 2 goles. Foi o propio Alejandro, de novo, o que puña o defintivo 2-0 tras unha gran internada.
Xallas - Cee (1-0)
Saíu mellor os primeiro minutos o Xallas; Toni e Rubén Forján probaban a un seguro Parroto. Non tardaría en espertar o Cee e ter o control do balón, e tras un bo pase de Víctor, Diego probaba pero o seu tiro párao sen complicacións Cheli. Fer tampouco chega a un bo centro de Anxo. Nos minutos finais do primeiro tempo volvía esmagar o Xallas cunha gran xogada individual de Toni por banda que se atopa cun bo Parroto.
Na segunda parte máis do mesmo: saíu mellor o Xallas, que xa avisaba antes do primeiro gol cun tiro que volvía lucirse Parroto. O gol chegaría aos tres minutos nunha confusa xogada: Alexander pelexa un balón que consegue golpear e o seu tiro cóase na portería ante a incredulidade dos ceenses.
O Cee volvía a ter o balon e o control pero os seus ataques non eran completos. Julio, aos 62 minutos, toca un balón colgado que saca un defensa verde na liña de gol.
O partido mativo a tensión ata o último instante pois un tanto do Cee dáballe a volta á eliminatoria. E tivo o pase na súa cabeza Ángel xa no 93, pero o seu remate a saque de falta de Fer, saiu pegado ao pao.
Santa Comba - Soneira (4-3)
- SANTA COMBA: Diego, Roberto, Oscar, Angelo, Orlando, Jota (Chinda, min.53), Doro (Baña, min.53), Toni (Darío, min.53), Noli (Marcos, min.64), Julián, Mon.
- SONEIRA: Fran, Ferreiro, Pablo, Pichi, Marquitos, Darío (Cristian Figueroa, min.55), Mayor, Mauro, Javi (Vía, min.46), Brais (Cristian Canosa, min.65), Chans (Richi, min.50).
- Goles: 1-0, min.25: Angelo de corner; 1-1, min.30: Mayor de penalti; 1-2, min.55: Darío tras un balón ás costas a trompicóns; 2-2, min.60: Noli define tras regatear ao porteiro tras un pase interior de Mon; 3-2, min.65: Mon tras unha boa xogada persoal; 3-3, min.75: Richi de pillo, tras un saque longo de portería de Fran que Roberto deixou pasar; 4-3, min.90: Mon tras un centro raso de Darío.
Partido de amigos cun resultado acorde coa pouca tensión. Foi un choque limpo, bonito, no que os xogadores se adicaron a disfrutar. Con alternancia no marcador e no xogo, xalleiros e soneiráns festexaron a xornada.
Dumbría - Cabana (4-0)
Partido xogado a golpe de xoves sen interese ningún, pois a eliminatoria estaba sentenciada da ida e o Cabana estaba pensando na Fase de Ascenso, malia que non lle foi moi ben.
Máis información
Crónicas da semana
- Fase de Ascenso: O Montelouro terá que agardar compañeiro de viaxe na Liga da Costa.
- Resultados do #futboldacosta.
Máis novas
- Alberto Pose: Da tolemia de partidos pola desorganización.
- Vídeo entrevista de Angel Garrido co cormelán Alejo.
- Un Mar de Paixón: Tonié.
- Manuel Varela: Xa somos profesionais no fútbol costeiro?.
- Esteiro prepárase para o Campionato de Barrios e a Costa mira ao Maratón de Tordoia.
- Xogando aos médicos co #fútboldacosta.
- A Federación decide os ascensos e a Asociación de Clubes dá novos pasos.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).