Copa Veteranos: O Erbecedo avisa ao Soneira e Zas e Dumbría respéctanse demais
Tralos intensos Cuartos, esta pasada fin de semana abríanse as semis. Unhas semis que deixan todo para a volta, se ben a relativa sorpresa deuna un equipo de 2ª División que xa, unha vez que se ten colado nas semis, quere dar a campanada ante un dos favoritos, como é o Soneira.
Erbecedo - Soneira (4-2)
- ERBECEDO: Juan, Belarmino, Florencio, Marcelino, Martín, David, Amarello, Sande, Taibo, Lema e Antonio. Tamén xogaron: Busto, Bouzas, Paredes, Pose e Rubén.
- SONEIRA: Coscoñas, Mauri, Costa, Antelo, Bruno, Manuel Ángel, Jemisa, Jose, Teo, Miguel e Manolito Dumbría. Tamén xogaron: Lareiras, Maure, Yordi, Félix, Cho, Mario, Carlos e Padronés.
- Goles: 1-0, min.55: Sande; 1-1, min.59: Miguel; 2-1, min.61: Rubén; 3-1, min.72: Sande; 4-1, min.83: Sande; 4-2, min.87: Miguel de penalti.
- Árbitros: Goyeneche, con Miguel e Gerardo.
Relativa sorpresa en Erbecedo pois o cadro local, 3º de 2ª División, case que sentenza a eliminatoria ante un dos grandes favoritos, ex campión de Liga e ex subcampión de Copa. O Soneira salvou os mobles no último suspiro e aínda ten opcións de cara a volta.
Pero sufriu o cadro vimiancés. Tras un primeiro tempo de demasiado respecto, nun campo de Cereo cunha gran entrada, foi na segunda onde se viron os 6 goles. Comezou marcando o equipo local por medio de Sande, pero Miguel igualaría. Foi aí cando chegou a abalancha carballesa e en dous minutos ampliaban a renda ata o 3-1. Preto do final Sande volvía facer un 4-1 que parecía defintitivo pero nos intres finais un penalti metía de novo ao Soneira na eliminatoria.
Vai estar moi interesante o partido de volta no Municipal vimiancés.
Zas - Dumbría (1-1)
- ZAS: Xaneiro, Edu, Novo, Quintáns, Evaristo, Felipe Solís, Jose, Chentony, Brenlla, Dubo e Javi Amarelle. Tamén xogaron: Limideiro, Manolo Solís, Federico, Adolfo, Fernando, César, Regueira, Pepe.
- DUMBRÍA: Dani, Sergio, Tománs, Martçin, Fandiño, Marco, Javi, Antonio, Isidro, Miguel e Jose. Tamén xogaron: Riky e Luca.
- Goles: 1-0, min.48: Felipe Solís a centro de Jose nunha contra; 1-1, min.70: Miguel.
- Colexiados: Rives con Capellen e Juan de asistentes.
Partidazo de moito respecto e moita igualdade en San Andrés. O Dumbría defendeuse ben na primeira metade ante un Zas que tivo o mando do balón, pero sen crear demasiado perigo.
Non chegarían os goles ata a segunda metade. Cun Dumbría algo máis estirado, nunha contra Felipe Solís escapábase da marca de Fandiño e conseguía engachar a gol o centro de Jose.
Non se viu abaixo o cadro visitante, e no ecuador conseguía o empate por medio de Miguel, que tamén tivo outra gran ocasión cun man a man ante Xaneiro que saíu fóra, e un chut que repelíu o longueiro. A última, xa co tempo cumplido, foi para o Zas, pero o tiro de Felipe tamén petou no pau.
Novas dos Veteranos
- Copa Veteranos: Os Cuartos deixaron fóra a varios favoritos.
- 2014: O Coristanco leva o título de Veteranos.
- 2013: O Coristanco alzouse coa Copa da Costa de Veteranos.
Máis información
- Os cadros das Copas e as Fases de Ascenso en: www.copadacosta.com.
- www.futboldacosta.com.
- Facebook “Fútbol da Costa”.
Crónicas da semana
- Fútbol Base: O Dumbría poderá ter 3 equipos en Liga Galega.
- Fase Ascenso: O Sofán fará do Carral unha Bombonera.
- Copa da Costa: A tensión e a calor marcan os dous derbis.
- Análise e resultados dunha fin de semana quente no fútbol da Costa.
- Comunicado do Sofán por un posible trato de favor co Val do Ulla.
Novas da Gala do Fútbol da Costa
- Festa interxeracional de todo o pobo para celebrar os 50 anos do CD Baio.
- Fran Hermida volverá ser A Voz do Fútbol da Costa.
- O cartel definitivo da Gala do Fútbol da Costa: De patrocinadores e premios.
- En marcha a III Gala do Fútbol da Costa.
- 2013: A noite das estrellas do Fútbol da Costa.
Novas relacionadas
- As Ligas Benxamín e Alevín Norte rematan decidindo a I Copa dos Biberóns.
- Marea de torneos para este comezo do verán.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Modesto Parga.