Corme e Cabana manteñen a pelexa na 1ª Cadete e o XSC escapa nos Infantís
A 22ª Xornada dos Cadetes da Costa traía un choque no máis alto da táboa. Quedan só 4 xornadas para o final desta primeira fase polo que cada partido é unha final. E máis a que xogaban Corme e Cabana no Cairo este pasado sábado. Os cormeláns chegaban con 1 punto de vantaxe sobre os cabaneses, ambos como favoritos para meterse na Fase de Ascenso á Liga Galega, pois despois do empate colleitado entre ambos, o Ponteceso, 3º, queda a 3 dos cabaneses cun partido máis, e o Cee, 4º, xa a 6 puntos.
Repasamos ese partidazo e ademais botamos o ollo para ver como están as cousas en Infantís, onde o XSC ten todas as papeletas a meterse na Fase.
Xa saben que en Cadetes son dúas prazas, e e Infantís só unha, a que proben sorte nesa Fase de Ascenso para acompañar aos nosos a vindeira campaña nas Ligas Galegas.
Corme - Cabana (1-1)
- CORME: Lucas, César, Aitor, Fran, Marcos, Manu Bermúdez, Javi, Eloy, Manu Porteiro, Yago (Manu Garrido, min.56) e Manu Tasende.
- CABANA: Darío, Bieito, Rubén, Nando, Álex, Alberto, Breogán, Pedro (Torrado), Santi, Óscar (Sergio), e Samuel.
- Goles: 1-0, min.58: Manu Tasende tras unha boa xogada con Eloy; 1-1, min.67: Óscar.
Gran ambiente nas bancadas do Cairo (unhas 150 persoas) para ver este choque no cumio. E os asistentes disfrutaron do bo facer de dúas das mellores canteiras do Fútbol da Costa. Bo partido de ambos xconxuntos, con dominio alterno e boas fases de fútbol.
Ademais de calidade, o choque foi moi disputado e pelexado. O Corme, o equipo dos “Manu” (ata 4 na convocatoria) saíu máis enchufado na primeira metade pero o bo facer do meta cabanés Darío, e das férreas defensas, impedíu que se movese o marcador. Arrincou a segunda co tanto de Manu Tasende, o que provocou a reacción do cadro cabanés, que estivo máis entonado na última media hora. Non tardou en empatar, por medio de Óscar. E se ben ambos conxuntos daban por válido o xusto empate, o partido puido caer dos dous bandos.
Todas as papeletas teñen, como dicimos, estes dous conxuntos, de meterse na Fase de Ascenso. A pelexa seguirá tamén entre ambos por facerse co título. Pero ollo aos números deste Corme: en 20 partidos, 104 goles a favor e 27 en contra!
O XSC escapa pero o Fisterra aínda vive nos Infantís
5 puntos saca o XSC infantil ao Fisterra tras esta 22ª xornada, se ben o equipo xalleiro aínda ten que descansar unha xornada. O empate do Fisterra en Sofán, deixa aos fisterráns algo descolgados, pero aínda con moitas opcións de pelexar polo título e pola fase. Ten o Fisterra o golaverage individual a favor, e ademais o XSC ten choques complicados, esta semana ante o Cee e a vindeira ante Os Miúdos, o 3º da táboa aínda con opcións, a só 6 do liderato. Esa mesma xornada terá tamén o cadro fisterrán un choque difícil ante o Cabana, 4º na táboa.
O 15 de marzo rematan ambas Ligas.
Crónicas da semana
- Xuvenís: A loita pola Fase de Ascenso aprétase e a Copa dispútase por partida doble.
- Ligas Galegas: Sen perder a ilusión.
- 2ª Autonómica: O Montelouro aínda está vivo e o Camariñas vai a por todas.
- 1ª Autonómica: O Soneira toma o Carral.
- Preferente: Xornada de malas saídas.
- Resultado e análise dunha xornada de Entroido no Fútbol da Costa.
Novas relacionadas
- O Manuela Rial, o Muxía e o Fisterra, campións das LCFS.
- O novo local social do Sofán, unha viaxe pola historia da SD.
- 4 clubs na reunión da Asociación de Clubs do Fútbol da Cota.
- QPC entrevista a Emilio Uzal, adestrador da UD Cerqueda, líder da 3ª.
- Convocada unha reunión dos clubs do Fútbol da Costa.
- Aprétanse as táboas dos Pichichis costeiros.
- Víctor Espasandín: Coñecendo a un xalleiro na elite do fútbol español.
- O Estética Raquel mantense invicto no ecuador das Ligas de FS de Cee.
- Comezaron as obras para instalar céspede artificial en Agra da Filgueira.
- A Noite máis Solidaria do Fútbol da Costa.
- O Campo do Carreiro ou a forza dos veciños.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).