Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Dúas derrotas e unha vitoria foi o balance da xornada no fútbol sala feminino

Dúas derrotas e unha vitoria foi o balance da xornada no fútbol sala feminino

Tocáballe o Fisober visitar a un dos galos da 2ª Estatal o sábado e o resultado amosouno, aguantaron as da Costa ata os últimos minutos da primeira metade pero dous goles postreiros sacáronas dos partido.

Mentres, en Liga Provincial, unha de cal e unha de area para as nosas. As rapazas do Ponteceso FSF colleitaban a súa primeira derrota. E pola súa parte, a boa nova chegaba ca primeira vitoria da tempada para o filial do Fisober nun partido que arrancou moi ben cun cero a tres pero que se chegou a complicar na segunda metade.

2ª Estatal, xornada 2

As-xogadoras-do-Fisober-no-banco
  • Resultado: ORDIZIA K.E. - FISOBER F.S.F. (6-1).
  • FISOBER: Eva, Patri, Ana, Myrella e Raquel; tamén xogaron : Nuria, Elsa, Barca, Noelia, Olalla e Inés.
  • Goles: 1-0 Sarah , 2-0 Ainara, 3-0 Olatz, (descanso), 3-1 Ana, 4-1 Olatz, 5-1 Itsaso, 6-1 Lety.

Comenzou ben o Fisober xa que unha falta executada por Patri creaba moito perigo e tivo que ser enviada a saque de esquina entre a porteira Maddi e o trabe. As locais dominaban o partido e as visitantes ben posicionadas tentaban saír a contra, como así o fixo con perigo Raquel os catro minutos. Pero a pesares de defenderse con comodidade as vascas pechaban cada vez máis as da Costa.

Ordizia comenzaba a ter ocasións, os cinco minutos foi Sarah a que puña en apuros o Fisober. Pero os minutos pasaban e seguía sen moverse o electrónico. Mediada a primeira metade aparecían as máis claras ocasións locais. Irati en xogada ensaiada e pouco despois freada por Eva non era quen de poñer en vantaxe as locais.

Ata que os doce minutos foi Sarah a que aproveito un erro defensivo visitante para inaugurar o tanteador. Despois do gol, volveron a collerlle a cara o partido as visitantes. Ben colocadas en defensa e buscando a contra. E de esa maneira a tres para o fin a costeira Inés prantábase sola ante Maddi pero non era quen de batila, no que puido ser o gol da igualada e quizais cambiar o rumbo do partido.

Contra un equipo coma o Ordizia os erros páganse xa que elas non perdoan e a dous para o fin Ainara non fallaba para poñer o segundo gol local. Este gol descentrou as visitantes, que non pareceron volver a collerlle o pulso o partido. Así a catorce segundos para chegar o tempo de lecer era Olatz a que facía o terceiro local e puña unha vantaxe definitiva.

Pareceu saír forte o Fisober dos vestiarios e os dous minutos Ana facía o tres a un que lle daba algo de ilusión as da Costa. Pouco durou a ledicia xa que a falla de quince para o fin de novo Olatz poñía tres goles de diferenza e nese mesmo minuto Itsaso facía o quinto gol local. Co seis a un a doce para o fin obra de Lety, un golazo por certo, o partido quedaba xa finiquitado.
O resto do partido deu ocasións para os dous equipos que non foron quen de materializar, ademais os últimos catro minutos tanto locais como visitantes viviron co perigo do dobre penalti.

Liga Provincial, xornada 2

  • Resultado: MABEGONDO – FISOBER “B” F.S.F. (2-4).
  • FISOBER B: Anabel, Paula Fandiño, Andrea, Natalia e Laura; Tamén xogaron: Noe, Alejandra, Tamara, María Lijó e Martina.
  • Goles: 0-1 Noe, 0-2 Noe, 0-3 Natalia, 1-3 Vanessa (descanso), 2-3 Rocío, 2-4 Andrea.

O filial costeiro arrancou o partido e dous goles de Noe, que debutaba en partido oficial esta tempada xa que non puidera xogar a primeira xornada por enfermidade, déronlle unha vantaxe e unha tranquilidade as xóvenes xogadoras costeiras.
Un terceiro gol obra de Natalia, puña unha vantaxe considerable a prol do filial do Fisober e refrendaba a boa primeira metade visitante.
As locais non se rendían e íanse o tempo de lecer co seu gol e co un a tres que lles daba esperanzas.

A volta de vestiarios un novo gol local, poñía o nerviosismo no filial do Fisober. Un nerviosismo que non marchou ata que Andrea fixo o cuarto gol , un gol que supuxo a súa estrea goleadora na categoría. Ese gol si que deu unha tranquilidade ca se chegou o final do partido.
Destacar a volta da porteira Martina a unha convocatoria.

Liga Provincial, xornada 2

Imaxe do Ponteceso FS ante o Grupo Work-Foto-Grupo Work
  • Resultado: GRUPO WORK FSF- PONTECESO FSF (5-3).
  • GRUPO WORK FSF: Cris, Sandra, Patri, Ainhoa, Alba Carreira (cinco inicial); Carmen, Amanda, Nuria, Laura, Sara, Alba Vázquez, Cristina.
  • CONCELLO DE PONTECESO FSF: Beatriz, Martina, Carmen, Salomé, Sandra (cinco inicial); Alba, Ana, Carla, Laura, Zeltia.
  • Goles: 1-0 Alba Carreira (min. 3); 1-1 Alba Reis (min. 11); 1-2 Alba Reis (min. 16); 1-3 Zeltia (min. 20); 2-3 Laura (min. 25); 3-3 Sara (min. 26); 4-3 Sandra (min. 32); 5-3 Sandra (min. 40).

Partido da 2ª xornada de liga no pavillón municipal de Mesoiro, e o Ponteceso xa chegaba coa vitola de ser un dos chamados a estar na parte alta da táboa. O cadro local comezaba presionando moi forte a saída do balón e de contado se metían por diante tras un saque de córner.

Isto pareceu situar ao equipo local con confianza no xogo xa que se seguiu xogando con criterio e intensidade, pero o Ponteceso FSF tamén se veu máis arriba e nunhas indecisiones na saída de balón nun tramo de partido onde nos perdemos un pouco, o equipo contrario gañou a vantaxe chegando con superioridade á nosa portería conseguindo tres goles nos minutos 11 e 16 (Alba Reis) e 20 (Zeltia Belo). Con ese 1-3 parecía que se ía chegar ao descanso non sen antes acurtar distancias cun gol de Laura sobre a bocina , nunha xogada que reflicte o que ao final foi o partido en si, unha situación de loita tesón e non dar un balón por perdido.

A segunda parte comezou como a primeira, coas coruñesas presionando arriba e obligando ó Ponteceso a non saír co balón xogado. Así, un minuto despois da reanudación, Sara empataba o partido despois dun erro defensivo das pontecesanas. Esto fixo que as locais se viñeran arriba, cousa que as pontecesanas non souberon aguantar tanto polo cansancio como polo bo xogo das coruñesas que, cun gran esforzo e con presión arriba, viron como Sandra lle daba a volta ó marcador no minuto 32. A pesar de que as visitantes non se deron por vencidas, viron como as súas poucas oportunidades non conseguían batir a portería rival e como, no minuto 40, Sandra ainda afastaba máis o marcador, conseguindo o quinto tanto para o seu equipo. Tiveron máis ocasións as locais nos últimos minutos, pero a porteira pontecesana Bea conseguiu que non entrase na súa portería ningún balón máis.
Así rematou o partido, cos dous equipos agotados fisicamente, pero coas rapazas do Grupo Work satisfeitas porque o seu esforzo tivo a recompensa dos seus 3 primeiros puntos da tempada.

O próximo encontro do Concello de Ponteceso FSF será o domingo 20 de outubro no Municipal de Betanzos contra o Troula Betanzos FS, tamén un novo equipo na categoría, partido no que as pontecesanas farán o posible por levar os 3 puntos para casa para non descolgarse dos postos de arriba.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Ponteceso FSF.

Comentarios