Domingo. 13.10.2024
El tiempo

Dúas medallas en casa para rematar un gran ano de piragüismo

Dúas medallas en casa para rematar un gran ano de piragüismo

O CDM Piragüismo Dumbría ven de porlle o broche de ouro á unha tempada espectacular na corta historia de este clube, alcanzando esta fin de semana dúas medallas de ouro nos Campeonatos Galegos de Slalom dos que era anfitrión.
A cita era no Campo de Slalom de O Couquiño, en Oveira, Dumbría, e gracias o caudal aportado por Ferroatlántica para a disputa da competición nunha agradable e soleada mañá de domingo.

Andrea Pérez dominou a competición no Kayak Femenino de principio a fin. Mención especial merece Laura Antelo, tamén do CDM Dumbría, que na súa primeira tempada competindo conseguiu con todo merecemento unha medalla de bronce nestes campeonatos. Sobre Marco Antonio Oreiro, novo Campeón Galego Cadete de canoa so decir que estivo espectacular, reivindicándose despois de quedarse fora do centro de tecnificación este verán, e sacándolle unha veintena de segundos ó segundo clasificado.

Sobre o resto da participación dos dumbrieses, Iván Pérez non foi quen de pasar o corte no Kayak xuvenil, e Aarón Núñez despois de unha excelente manga de clasificación para as finais, onde foi cuarto e con claras opcions de podium, a menos de dous segundos do segundo clasificado, cometeu un erro na manga final, na que viña arriesgando muito, caindose ó decimoprimeiro posto.

Así pois, fantástica fin de tempada para o CDM Piragüismo Dumbría, despois de proclamarse Campeón nas categorías inferiores fai apenas un mes en Monforte.

Máis novas sobra o CDM Dumbría

Fonte

  • Nota de prensa do CDM Dumbría.

Comentarios