En marcha a II Ruta BTT Terra Neria


Triple sesión de BTT na zona. A primeira, este domingo en Carballo. Xa botamos un ollo á 9ª BTT por Vimianzo, e a seguinte cita cas bicicletas de montaña terá que esperar ata o 30 de setembro, coa II Ruta BTT Terra Neria.
Un bo xeito de irse preparando para a Vuelta!!
II Ruta BTT Terra Neria
Xa está aberto, e ata o 21 de setembro, o prazo de inscrición para a II Ruta BTT Terra Neria. A ruta está limitada a 200 participantes. Haberá dous percorridos, un curto de 45 km e outro longo de 62km e a hora de saída será ás 9:00h.
Dende o Clube Ciclista Cee esperan acadar un éxito como o do ano pasado.
- Inscricións na delegación de Deportes do Concello de Cee, a través do teléfono: 981.74.51.00. Tamén por correo electrónico no seguinte email:deportes@concellocee.es
- Hai que facer o ingreso na conta do Club Ciclista Cee da cota de 8€ para os federados e de 20€ para os non federados (por mor do seguro): 2080-0022-03-3000154494.
IV Circuito BTT 12 horas en Carballo

A Asociación Deportiva Media Ducia organiza, coa colaboración do Concello de Carballo, a carreira "IV Circuíto BTT 12 horas", unha marcha cicloturista de velocidade libre de carácter lúdico dirixida a todo aquel deportista sub-23 con ou sen licenza. A proba ten lugar o domingo 25 de agosto entre as 10.00 e as 22.00 horas e acolle a participación individual ou por equipos formados por entre un e catro corredores. A proba disputarase por relevos sobre un circuíto de arredor de 10 quilómetros con saída e chegada no Polígono de Bértoa de Carballo.
Novas relacionadas
- Vimianzo abrirá setembro coa súa 9ª Ruta BTT.
- Máis de 150 países verán en directo a chegada ao Alto do Ézaro da Vuelta 2012.
- I Ruta BTT Terra Neria: As bicis de montaña tomaron os montes da Terra Neria.
Máis novas
- O Club Ciclista Dumbría xa é un dos máis numerosos de Galicia.
- Posta de longo do Club Ciclista Cee.
- Dumbría xa é cita fixa para os “beteteros” do país.
- A chegada ao Mirador do Ézaro non será a última vez que se faga.
- Subindo, en bici e en primeira persoa, á Moa.
- As bicis de montaña tomaron os montes da Terra Neria.
- Un día a dúas rodas pola Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).