Venres. 26.04.2024
El tiempo

En marcha unha nova temporada para o Deporte de Contacto en Cee

En marcha unha nova temporada para o Deporte de Contacto en Cee
A xunta directiva do Club Deportes de Contacto Cee A xunta directiva do Club Deportes de Contacto Cee

Como cada ano, o Club Cee Deportes de Contacto comeza unha nova etapa de deporte e aprendizaxe neste novo curso 2015/2016.

Botando a vista atrás, podemos ver que moito cambiou dende aquel 2009 no que se constituíu oficialmente como club para dar unha resposta formal a un feito que levaba xa anos clamando por un nome propio baixo o cal que se puidesen sentir identificados todos/as persoas que día a día, e golpe a golpe, mantiñan a ilusión, o esforzo e o entusiasmo que costituiron a semente, a terra e o abono para o que hoxe é o máis veterano club de Taekwon-Do ITF e Kick Boxing da Costa da Morte.

Coa mesma ilusión e entusiasmo, este novo curso o Club Cee Deportes de Contacto busca novamente dar saída ás ganas de aprender e de practicar deporte nun entorno familiar e acolledor a través das citadas disciplinas: Taekwon-Do e Kick Boxing.

banner deportes de contacto

Destinadas estas actividades a fomentar hábitos de vida saudables e o traballo en equipo en sincronía co esforzo persoal, procurando implementar as actitudes que nos leven sempre a superar as propias barreiras e atopar novas metas, dentro sempre dos principios de respeto, integridade e compañeirismo que nos acompañan dende as súas orixes.

Destinado a un amplo sector da poboación, dende os mais cativos da familia ata os mais veteranos, as portas do Club están abertas de par en par para todo/a aquel/a que sinta curiosidade e gañas de coñecer estas disciplinas, ou sinxelamente pasar un rato agradable achegándose ó fascinante mundo dos deportes de contacto.

Podes atopalos no Pavillón de Brens, onde levan a cabo as súas actividades todos os luns e mércores dende as 18:00 ata as 23:00, ou no correo electrónico [email protected].

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Enlace patrocinado.

Comentarios