Tras ollar o parte de sancións, que trae ata multas por agresión a siareiros, afrontamos unha nova xornada con case 70 partidos no fútbol costeiro.
Pero antes apuntamos un movemento, como é a dimisión de José Manuel Pato no banco do Cee, praza que polo de pronto será cuberta polo propio Llanero ata que o clube atope un novo adestrador.
Xa comezando co repaso da xornada, o choque da xornada na Preferente será o que enfronte ao Santa Comba co líder, a SD Compostela, que suma 6 de 6.
Xa en 1ª, este novo Cee terá un partido importante no que poderá afundir ao Eume ou sumerxirse na zona baixa. A cita sabatina no Pinguel entre Ponteceso e Flavia contará ademais coa entrega por parte do clube dun pin en forma de escudo do equipo ós 5 socios de máis idade (José Manuel Cotelo Lema, Froilán Verdes Silvarredonda, Aurelio Varela Fuentes, Modesto Varela Calvo e José Dourado García).
A 6ª xornada na Liga da Costa chega cun Club do Mar líder que recibirá a un Sofán en horas baixas. Pero o partido máis interesante será o Malpica - Camariñas, onde dous dos chamados a estar na zona alta medirán as súas forzas.
Na 3ª hai varios encontros moi igualados pola zona alta. Salientable será ese Porteño-Cerqueda, así como o Coristanco-Carnota. Pola súa banda, o líder Outes non quere perder comba ante o Independientes, mentres que o Montelouro, que suma vitorias por encontros pero que se atopa 2º por ter un partido menos, recibirá no Xosé Luís Vara a un Fisterra B algo frouxo nas últimas xornadas.
Preferente Norte, xornada 7
| Soneira | 09/10 - 17:00 | Xove Lago |
| Gal. Mugardos | 09/10 - 17:00 | Xallas |
| Grixoa | 09/10 - 17:00 | Dumbría |
| Santa Comba | 09/10 - 17:30 | Compostela |
1ª Autonómica, xornada 6
| Ponteceso | 08/10 - 18:30 | Flavia |
|
| Cee | 09/10 - 16:30 | Eume | |
2ª Autonómica, xornada 6
| Club do Mar | 08/10 - 16:30 | Sofán |
| Fisterra | 08/10 - 16:30 | Baio |
| Esteirana | 08/10 - 18:00 | O Pindo |
| Corme | 09/10 - 16:30 | Buño |
| Malpica | 09/10 - 16:30 | Camariñas |
| Dumbría B | 09/10 - 16:30 | Corcubión |
| Muros | 09/10 - 16:30 | Nantón |
| San Lorenzo | 09/10 - 16:30 | Mazaricos |
| Zas | 09/10 - 17:00 | Castriz |
3ª Autonómica, xornada 7
| Atl. Pereiriña | 08/10 - 16:00 | Lira |
| Cabana | 08/10 - 18:00 | Xaviña |
| Volantes | 08/10 - 18:30 | Camelle |
| Muxía | 09/10 - 16:30 | Laxe |
| Coristanco | 09/10 - 16:30 | Carnota |
| Montelouro | 09/10 - 16:30 | Fisterra B |
| Corcoesto | 09/10 - 16:30 | Soneira B |
| Porteño | 09/10 - 16:30 | Cerqueda |
| Outes | 09/10 - 17:00 | Indep. Carballo |
Liga Nacional Xuvenil, xornada 4
| Arosa | 08/10 - 16:00 | Bergantiños |
Liga Xuvenil Sur, xornada 4
| Dumbría | 08/10 - 11:00 | Soneira |
| Esteirana | 08/10 - 16:00 | Santa Comba |
| Muros | 08/10 - 16:30 | Fisterra |
| Corcubión | 08/10 - 16:30 | Outes |
| Mazaricos | 08/10 - 16:30 | Cee |
Liga Xuvenil Norte, xornada 6
| Zas | 08/10 - 16:30 | Dumbría B |
| Baio | 08/10 - 16:30 | Coristanco |
| Cabana | 08/10 - 16:30 | Malpica |
| Muxía | 08/10 - 16:30 | Ponteceso |
| Corme | 08/10 - 18:15 | Camariñas |
División de Honra Cadete, xornada 4
| Bergantiños | 09/10 - 12:00 | Montañeros B |
Segunda Cadete, xornada 5
| Coristanco | 08/10 - 10:30 | Porteño |
| Esteirana | 08/10 - 10:30 | Baio |
| Fisterra | 08/10 - 10:30 | Santa Comba |
| Ponteceso | 08/10 - 10:30 | Soneira |
| Muxía | 08/10 - 10:30 | Cabana |
| Malpica | 08/10 - 10:30 | Muros |
| Zas | 08/10 - 10:30 | Cee |
| Camariñas | 08/10 - 11:00 | Outes |
Segunda Infantil, xornada 4
| Corme | 08/10 - 16:00 | Cee |
| E.M.F. Vimianzo | 08/10 - 17:00 | Ponteceso |
| Esteirana | 09/10 - 11:00 | Muxía |
| As Baleas | 09/10 - 11:00 | Dumbría |
| Fisterra | 09/10 - 11:00 | Outes |
| Coristanco | 09/10 - 11:00 | Santa Comba |
| Con. de Carnota | 09/10 - 11:00 | Os Miudos |
Ligas de Veteranos, xornada 5
1ª Autonómica
| Bergantiños | 09/10 - 10:00 | San Román |
| Vimianzo | 09/10 - 11:00 | Xv. Bergantiños |
| Castriz | 09/10 - 11:00 | Cabana |
| Camariñas | 09/10 - 11:00 | Nantón |
| Baio | 09/10 - 11:00 | Buño |
| Corcubión | 09/10 - 11:00 | Bértoa |
| San Lorenzo | 09/10 - 11:00 | Zas |
2ª Autonómica
| Malpica | 09/10 - 11:00 | Porteño |
| Dep. Carballo | 09/10 - 11:00 | Leiloio |
| Sofán | 09/10 - 11:00 | At. Milagrosa |
| Corcoesto | 09/10 - 11:00 | Agualada |
| Corme | 09/10 - 11:00 | Camelle |
| Coristanco | 09/10 - 11:00 | Muros |
| Club do Mar | 09/10 - 12:00 | Soneira |
Máis información
Novas relacionadas
Máis novas
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).