Esta fin de semana arrincan as LCFS

08:04 22/10/15

7 equipos benxamíns e 7 equipos alevíns arrincan esta semana as Ligas Comarcais de Fútbol Sala que organiza o Club Deportivo Costa da Morte. Equipos mixtos de Vimianzo, Camariñas, Fisterra, Muxía, Cee e Corcubión disputaranse estas fermosas competicións ás que non faltarán os campións do ano pasado.
Á hora de elaborar o calendario fíxose coma sempre sobre os 9 equipos totais para economizar o tema de transporte. A competición será a una volta e os 4 primeiros enfrontaranse na fase final.
En categoría infantil só se fará a fase final xa que non hai equipos suficiente para facer una liga.
En www.futboldacosta.com

Un ano máis, a plataforma www.futboldacosta.com será o punto de encontro para ver como van os equipos. Teremos todos os resultados cada semana.
Crónicas das LCFs
- 2014/2015: O Manuela Rial, o Muxía e o Fisterra, campións das LCFS.
- 2014/2015: O Fisterra métese nas 3 finais das LCFS.
- 2014/2015: O Fisterra arrasa nas LCFS e parte como favorito para as semis
- 2014/2015: Os peques do LCFs chegan ás semis.
- 2013/2014: Un repaso ás finais das LCFs Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).