Farase finalmente o Curso de Adestradores Nivel 1 en Carballo
A pesar de hai 60 novos diplomados no Curso de Monitor, só 15 adestradores están inscritos para curso de “Instructor de Fútbol Base Nivel 1 – UEFA B” que se vai impartir en Carballo. I é que o Nivel 1 é a continuación do de Monitor, polo que o Comité de Adestradores considera oportuno abrir ás portas ao Fútbol da Costa, a través de Carballo, Santa Comba ou Dumbría. Iso si, polo de pronto, ningunha das 3 vilas será sé permanente de cursos ao non chegar a un número de inscritos suficiente.
Así, a partir deste vindeiro luns 20 de outubro, ás 20:00h, nunha aula aínda por determinar, comezarán as clases, que durarán de 20:00 a 23:00h.
Dada a falta de alumnos (esperábanse máis de 25), despois deste curso veremos se a Costa da Morte pode acoller outro curso de Nivel I, II e III.
Artigos relacionados
- A Pipa de Corredoira: A por outra fornada de adestradores diplomados.
- A Pipa de Corredoira: 30 novos adestradores diplomados na Costa.
Novas relacionadas
- Comezan os cursos de árbitro de fútbol e a carreira electoral na Federación.
- Comeza a carreira electoral da Federación Galega de Fútbol.
- A Escola de Tecnificación do At. Madrid volve abrir as súas portas.
- Os clubs poden cambiar os horarios nas categorias inferiores sen avisar ao rival.
- Lista dos pichichis da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).