Fases de Ascenso: O Volantes a 2ª e o Malpica preto da 1ª

3 partidos claves para o devir da vindeira temporada nas Fases de Ascenso. Se xa vimos que só os cadetes e infantís dumbrieses nos deron boas novas nas categorías inferiores, en afeccionados a cousa segue candente. I é que tralo ascenso do Volantes en Xaviña do venres, cun tanto de Piti, Cerqueda e Cabana xa comezaban, sen descanso, a loita polo 3º posto, que daría o ascenso sempre que o Malpica suba a 1ª.
E o ten máis fácil o Malpica, unha vez que a desaparición do Monteañeros permite que sexan 2 de 3 os que ascendan. Así os malpicáns, que empataban onte co Lamela (coa tanda de penaltis a favor por se houbera triple empate), terá que superar ao Brión a vindeira semana para ascender e deixar unha praza para os seus veciños de Cerqueda ou ao Cabana.
Pero ollo, que se o Xallas e o Santa Comba finalmente se fusionan (ata o 30 de xuño non se ten que decidir), Noia e Taboada terían que xogar unha promoción de ascenso, e quedaría unha praza máis libre en Santiago, polo que habería 3 prazas na Fase de Ascenso á 1ª, polo que esta fase non valería para nada.
E ollo tamén, porque o Santiago pode que renuncie a xogar en Preferente, pero non sabe a que categoría... Xa iremos vendo...
Volantes - Cerqueda (3-1)

Quedaban 25 minutos por xogar tras ser suspendido o partido de volta no min.63 por un botellazo. O campo de Xaviña acollía o choque, con dúas afeccións volcadas, cun 2-0 para o Cerqueda que deixaba a posible remontada aberta tralo 5-2 da ida en Miraflores.
O Cerqueda avisaba e se puña cun 3-0 que lle daba o ascenso, pero un gol de penalti de Piti facía estoupar a afección de Baño. Iso si, aínda avisaría o Cerqueda nos últimos intres, e a piques estivo de meter un 4º tanto que volcaría de novo a eliminatoria.

Aquí vos deixamos constancia de por que o Volantes está xa en 2ª, i é que con esta afección (exceptuando o erro do botellazo do pasado domingo) é máis doado.
Cerqueda - Cabana (2-1)
- CERQUEDA: Fredi, Rober, Santi, Javi, Pazos, Maikel, Añón, Diego, Manu, Carlos, Alex.
- CABANA: Añón, José, Pancho, David, Marcos, Adrián, Sancho, Josiño, Diego, Tonecho, Rubén Rama: Tamén: Eliseo, Jacobo, Eloy García, Adrián Santamaría, Miki Pose.
- Goles: 1-0, min.55: Javi de volea; 1-1, min.65: Josiño; 2-1, min.70: Alex.
Unha oportunidade máis, unha eliminatoria final que pode valer un ascenso. A loita pola 3º praza da 3ª Autonómica pode ser importante, dependendo do que faga o Malpica na súa fase. E o Cerqueda atoma unha lixeira vantaxe cun 2-1 que o deixa todo para a volta.
Foi o Cerqueda algo superior, pero en fronte tivo a un Añón inspirado, que mantivo a porta a 0 nos primeiros 45. Na segunda foi un toma e daca, con ocasións e alternativas para ambos bandos. Pegou o cadro local primeiro con gol de Javi de fermosa volea, pero apenas 5 minutos despois Josiño facía o empate. Sen deixar respirar volvía pegar o Cerqueda e Alex deixa un tanto que dá unha lixeira vantaxe aos malpicáns para a volta nas Redondas.
Malpica - Lamela (0-0)

- MALPICA: Suso; Charly, Víctor, Iago, Marco, Andrés, Neucha, Rancaño, Charro, (Pablo, min.26), Tato, David Blanco.
- Penaltis: Vantaxe para o Malpica.
- Lesión: Charro con problemas musculares.
Partido de demasiado respeto, sen brillantez e conbastantes erros. Saíu nervioso o cadro local, e tardou en meterse a controlar o partido ante un Lamela máis correoso que outra cousa. O Malpica foi collendo o mando e na primeira avisaban Victor e Pablo, e contra o final Neucha malograba dúas boas ocasións.
Foi Suso clave na tanda de penaltis parando dous que poden ser importantes para o ascenso.

Fases inferiores

Deixamos constancia con este imaxe da despedida do Baio xuvenil tras esta gran tempada. Os de Nacho venceron, pero non puideron remontar o miposible 5-0 da ida, ante o San Marcos, e como o Malpica, di adeus á tempada.
Ademais, mandamos dende aquí uns fortes ánimos a Fabián, pequeno cadete dumbriés que sufría un forte golpe na cabeza ante o Cordeiro, polo que o partido se tiña que suspender. O xogador pegou contra un bordillo, sangrou moitísimo quedando insconciente. Foi levado en ambulancia anta o hospital, e parece que xa está fóra de perigo.
Máis información
- Escolle o 11 ideal do fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
- Cadros da Copa da Costa 2012 de Afeccionados, Xuvenís e Veteranos.
Crónicas da semana
Máis novas
- Manolín porá o broche á súa carreira na súa vila.
- Alberto Pose: Da tolemia de partidos pola desorganización.
- Vídeo entrevista de Angel Garrido co cormelán Alejo.
- Un Mar de Paixón: Tonié.
- Manuel Varela: Xa somos profesionais no fútbol costeiro?.
- Esteiro prepárase para o Campionato de Barrios e a Costa mira ao Maratón de Tordoia.
- Xogando aos médicos co #fútboldacosta.
- A Federación decide os ascensos e a Asociación de Clubes dá novos pasos.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).