Fases Xuvenís: Intensidade na Liga e apatía na Copa
Continúa intensa e igualada a Liguilla da Fase de Ascenso mentres que a Copa segue perdendo interese. Na Liga Previa á fase de Ascenos, 4 equipos seguen na loita polas 2 prazas de ascenso, e parecen que o Corcubión e o Santa Comba non queren desprenderse de opcións. De feito, o Corcubión protagonizou a sorpresa da xornada e batiu a un Dumbría B que chegaba ao Cubaleiro de líder. Un posto que agora ocupa o Malpica, que tirou de eficacia para desfacerse do Baio. Quedan os malpicáns con 2 puntos sobre dumbrieses e baieses, e 3 sobre o Cee, que sumaba un que empate acadado no tempo do desconto, que sabe a pouco pero que cos resultados da xornada vale para non descolgarse da loita.
Pola contra, o sistema ligueiro na Copa, e máis cando se clasifican 4 equipos de 5 e de 6 en cada grupo, está a resultar cansino nos equipos. Pero aínda queda tempo. No Gr.1 manda o Zas, co Coristanco e o Fisterra case metidos nos cuartos, quedando aberta a loita entre Outes, Dumbría e mesmo Esteirana. Mentres no Gr.2 Ponteceso, Mazaricos e Cabana loitarán polo primeiro posto e o Muros quedará fóra en favor do Corme.
Esta semana, fontes achegadas á Federacións explicábannos que "unha Liga de 20 equipos non sería posible porque non daría tempo a rematala antes de comezar a Fase de Ascenso á Liga galega". Pero algunha solución habería que tomar antes de que estes sistemas competicionais, que non gustan a ninguén, se repitan.
Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 6
Malpica - Baio (3-0)
- MALPICA: Jesús (Ángel, min.90), Martín Uruguaio, Jorge, Pereira, Pepis, Joro, Juny (Miguel Ángel, min. 80), Quintas (Victor Novo, min.49), Eme, Adra (Martín Maradona, min.72), Camilo (Luísma, min.67).
- BAIO: Poyo, Pardo (David, min.57), Cachopo (Santi Díaz, min.66), Pablo, Yago, Fachal, Rubio, Rafa, Martín, Bieito, Sivariño, (Lucas, min.46).
- Goles: 1-0, min.30: Adra a pase de Eme; 2-0, min.35: Camilo tras un rexeite de Poyo a un tiro de M. Uruguaio; 3-0, min.60: Juny a centro de Camilo.
- Expulsión: o local Pepis no min.70.
Era un dos partidos da fin de semana e non defraudou. Máis de 150 persoas nas bancadas e mesmo o “orfeón musical dirixido polo Walter” facendo ruído.
O partido, semellante ao da primeira volta, deu conta dos diferentes tipos de xogo de ambos conxuntos. Saíu o Baio decidido a ter o balón, mentres que o Malpica partía dende atrás buscando as súas temibles contras. Piña confiaba na dinamita dos seus, e unido á seriedade en defensa neste partido, os locais resolveron o choque a base de eficacia.
Houbo poucas ocasións de gol, pero o Malpica, moito máis acertado, foi letal. Dúas xogadas case consecutivas no ecuador da primeira, con goles de Adra e Camilo finiquitaron o choque.
Cee - Soneira (1-1)
- CEE: Iván, José Ramón, Martín (Uri, min.46), Aitor, Tonecho, Tebo, Carlos, Lamela (Brais, min.70), Paulo, Sergiño, Chiru.
- SONEIRA: Víctor, Rubén, Curra, Héctor, Fabian, Cachi (Cristian Figueroa, min.60), Aaron, Suso Boallo (Toja, min.70), Cristian Canosa, Borja (Kevin, min.46) e Pikachu.
- Goles: 0-1, min.56: Cristian Canosa; 1-1, min.96: Pablo.
- Expulsión: O visitante Rubén (min.97) por protestas tras o gol con dobre cartón amarelo.
Sorprendeu o Soneira a un Cee que disputaba un dos peores partidos da tempada, pero sumou un punto que lle sabe a ouro pois chegou no tempo de desconto. Non comezou mal o cadro de José Carlos, e avisou en varias ocasións. Pero en fronte estaba o porteiro Víctor que foi un dos mellores do partido. O choque continuaba sen apenas medio campo e demasiados balóns directos.
Comezaba a segunda co empate no marcador, e o Soneira foise facendo co balón ademais de manterse moi firme en defensa. Pasaban 10 minutos cando Cristian Canosa aproveitaba un erro defensivos dos ceenses para poñerse por diante. Co marcador a favor o Soneira meteuse atrás e ralentizou o xogo e o Cee non conseguía impoñer o seu ritmo. Aínda quedaba máis de media hora pero os de José Carlos non amosaban a claridade e a profundidade de outros partidos.
Só no min.96, xa á desesperada, Pablo conseguía machacar unha pelota que quedaba solto na área visitante tras un balón colgado, para certificar o empate. Un empate que vale moito dados os resultados da semana.
Corcubión - Dumbría B (4-3)
- CORCUBiÓN: Abe, Toni, Pablo, Adrián, Iván, Lagoa, David, Javi (Sergio min.80), Lema, Manu, Adri.
- DUMBRÍA B: Brais, Robertín, Alejandro, Toja, Andrés, Yeray, Pereira, Josiño, Mario, Adrián, Rodrigo Tamén xogaron: Denís, Ismael, Brais, Abel e Ramón.
- Goles: 0-1, min.2: Toja; 1-1, min.12: Adri; 1-2, min.20: Lagoa (pp); 2-2, min.40: Adri; 3-2, min.52: Manu; 3-3, min.80: Ismael; 4-3, min.85: Manu de tixereta.
- Expulsión: o visitante Josiño por dobre cartón, o primeiro por obstruir o saque dunha falta e a segunda por zancadillear a un contrario.
Deu a sorpresa o Corcubión ante un dos aspirantes a quedar entre os 2 primeiros, nun emocionante choque que non se deiciu ata o final. Comezaba pegando o Dumbría e aos 2 minutos se adiantaba cun gol de Toja, que non o celebrou ao tratarse de estar xogando contra o equipo da súa vila. Pero aos 12 minutos de encontro, Adri recorta dentro da área a un defensa e dende un lateral manda o balón ao segundo pau.
O encontro estaba bonito para o público asistente nunha tarde soleada e de calor no mes de marzo. Aos 20 minutos un tiro lonxano de Pereira é desviado ca cabeza por Lagoa que engana a Abelleira e entrando dentro da portería. Un Pereira que a piques estivo de ser expulsado e foi substituido. Xa no final da primeira parte chegaría o gol que deu a esperanza aos corcubioneses, Adri que cun xiro sobre si mesmo deixa atrás á defensa visitante e quedase só contra o porteiro para batilo por baixo.
Comezou a segunda metade con outro gol dos da vila de San Marcos, pero desta vez foi Manu de vaselina ao porteiro que puxo a vantaxe momentánea no marcador. Tiveron ambos equipos ocasións de gol nun partido moi intenso pero a expulsión de Josiño, que xa vira un cartón amarelo, por zancadillear a un contrario, declinou a balanza a favor do Corcubión. Aínda ca expulsión, a falta de 10 minutos de finalizar o encontro, Ismael marcou para o Dumbría que puxo aínda mais emocionante o partido.
Pero chegaría o premio para os pupilos de Alfonso cun gol de Manu de tixereta dentro da área. Protestarían ao finalizar o encontro a perda de tempo o Dumbría por parte do Corcubión na posta en xogo dos balóns cando saían fora e que o colexiado non descontase nada na segunda metade. Ao finalizar tamén viuse unha acción pouco agradable para o futbol, o porteiro visitante Brais foi intentar agredir ao local Lagoa, tras unha suposta agresíon verbal por parte do xogador local.
Camariñas - Santa Comba (5-5)
- CAMARIÑAS: Álvaro, Diango, Manuel, Maik, Santi, Ismael, Martí, Mariño (José Carlos, min.46=, Nené (Bieitomás, min.70), Yuyo, Saviola.
- SANTA COMBA: Couto, Josito (Marcos Álvarez, min.70), Dani, Alberto, Miguel (Fran, min.75), Diego, Cristian, Jordi (César, min.46), Styven, Marquiños, Iván.
- Goles: 0-1, min.5: Styven tras unha xogada de Marquiños; 1-1, min.15: Ismael; 2-1, min.20: Nené; 2-2, min.25: Styven de novo tras unha boa xogada de Marquiños; 3-2, min.35: Nené; 3-3, min.43: Styven de penalti; 4-3, min.55: Martín; 5-3, min.60: José Carlos; 5-4, min.80: Marquiños tras unha xogada de Alberto; 5-5, min.85: Dani Martínez de falta.
- Expulsións: os camariñáns Gatusso e Diango antes do descanso.
Partido de tolos no que as defensas non estiveron moi finas, e cada que vez que había unha chegada remataba en gol. Así e todo o partido foi vistoso, con alternativas no marcador e que non se decidiu ata o último suspiro.
O Camariñas dominou algo máis a primeira metade, pero o Santa Comba respondía a cada envite camariñán. Marchou co empate a 3 ao descanso, e co Camariñas con dous xogadores menos, e protestando sobre todo a expulsión de Diango.
Con 9 saían os de De la Sierra a por todas e soprendentemente se colocaban 5-3 en 15 minutos. Os de Huelvis non acaban de volver ao partido, pero nos últimos 15 minutos, a base de orgullo e levantado pola calidade de Marquiños, sacaron de garra e empataron o partido. E aínda houbo dúas ocasións por bando nos últimos intres para levar o partido: os xalleiros por medio de Marquiños e outra da cabeza de Iván mentres que os Yuyo e Saviola marraban por bando local.
Este empate impide ao Santa Comba meterse de cheo na loita polas 2 prazas de ascenso, pero aínda mantén esperanzas, mentres que o Camariñas suma o seu primeiro punto na liguiña tras un comezo bastante frouxo.
Copa da Costa Xuvenil, Gr.1, xornada 6
Fisterra - Outes (1-0)
- FISTERRA: Ángel, Miguel (Javi, min.73), Rubén, Juan, Roberto, C. Hidalgo, Champi, Noé, Manuel (Iski, min.82), Cristian, Gonzalo (Cartamil, min.83).
- OUTES: Jona, Rafa, Sergi (Mosto, min.85), Pablo (Pedrosa, min.79), Alex, Piti, Maduro (Abraham, min.68), Jurado (Juan, min.66), Edu, Babu (Pesi, min.88) e Elías.
- Gol: 1-0, min.28: Gonzalo cun tiro cruzado dende unha banda.
Partido moi igulalado sen apenas ocasións. O Outes prantexou o partido ben agazapado atrás, cun Fisterra mantendo moita posesión pero con pouca profundidade. Só unha xogada de Gonzalo decidiu o partido.
Zas - Dumbría A (1-0)
- ZAS: Miki (Tívoli, min.46), Josito, Amado, Quintáns, Oliver, Ismael, Ramón (Víctor), Kevin (Tomás), Rony, Pastor, Pablo (Gonchi).
- DUMBRÍA: Chupi, Ruben, Samuel, Adrián Ozón, Dito, Jose, Martín, Antón, Rafa, Israel e Alex.
- Gol: 1-0, min.4: Kevin.
- Expulsión: O visitante Rubén (min.88), cunha inxusta expulsión por protestar tras unha mala arbitraxe.
Partido frouxo, sen intensidade, cun Zas que tralo 1-6 da ida e o gol inicial relaxouse demasiado. O Dumbría ben colocado, prantou cara durante todo o partido e intentou acadar o empate, sen sorte, durante moitos minutos. En fronte, o Zas tamén tivo 4 boas ocasións para sentenciar pero o partido mantivo a incertidume ata os últimos instantes.
Coristanco - Esteirana (3-2)
- CORISTANCO: Nacho, Corral (Manuel), Varela, Pichel, Martínez, Damián, Dani, Fede (Mosquera), Magovi (Adrián), Rubén (Cristian), Gonzalo.
- ESTEIRANA: Matías, Pedro, Meco, Abel, Racha, Codesido, Adrián (Ruso,min.70), Bruno, Josiño (Foghete, min.65), David, Javi Paluca.
- Goles: 1-0, min.15: Pichel de cabeza; 1-1, min.30: David; 1-2, min.40: Jose; 2-2, min.55: Magovi tras un rexeite do porteiro esteirán; 3-2, min.60: Gonzalo de falta directa.
- Lesión: o esteirán Josiño cunha lesión grave tras unha entrada dura.
Partido moi duro, intenso, cos ánimos moi quentes que ata provocaron varias tanganas entre os xogadores. Ademais, a actuación arbitral non axudou, e se os locais protestaron varios foras de xogo inxustos e unha posible expulsión por un agarrón cando Magovi marchaba só cara gol, os visitantes tampouco quedaron contentos coa permisiva arbitraxe e sobre todo coa dureza dos locais, mesmo dos afeccionados.
Ademais houbo alternativas interesantes no marcador. Empezou pegando o Coristanco, pero a Esteirana deulle a volta ao marcador para iren ao descanso 1-2.
. Na segunda metade, o Coristanco púxose as pilas e empatou por medio de Magovi e pouco máis tarde Gonzlo asinaba un golazo de falta directa que valeu 3 puntos.
Polo bando coristanqués destacou Damián, que tras chegar a metade de temporada forma parte da columna vertebral do cadro. Ademais, os seus puntas, Magovi e Gonzalo, marraron boas ocasións para sentenciar.
Ao final do encontro, os adestradores do Coristanco Lorenzo e Fernando presentaron a súa dimisión tras varias dierencias coa directiva.
Copa da Costa Xuvenil, Gr.2, xornada 6
Corme - Muros (3-2)
- CORME: Javi, Alejo, Sergio, Koeman, Alberto, Jorge, Lesi, Antonio, Brais, Fran (Isma, min.80), Juanma (Iván, min.30)
- MUROS: Trozo, Santi de Pura, Diego, Javi Pacola, Sergio, Adrián, Alberto, Marcos, Moncho, Minos, Iván. Tamén xogou: Santi Berberecho.
- Goles: 1-0, min.5: Brais tras un despiste da defensa muradá; 2-0, min.47: Brais; 2-1, min.55: Minos; 3-1, min.60: Jorge; 3-2, min.80: Alberto.
- Lesión: Juanma cunha fractura na clavícula. E Roa no nocello.
O Corme venceu ante o Muros, nun partido no que o empate se cadra sería máis xusto. I é que o Muros amosou a súa mellor cara, recuperando a varios dos "castigados" que puxeron unha boa actitude, e a piques estiveron de sumar os primeiros puntos da Copa.
De feito, na última xogada do partido a piques estiveron de empatar pero Santi Berberecho marrou ante Javi cando tiña dous compañeiros sós ao carón.
Gastou aí o seu último cartucho o Muros, e xa practicamente está decidida a clasficación deixando ao Muros fóra dos cuartos.
Ponteceso - Mazaricos (4-3)
- PONTECESO: Xurxo, Dani Valle, Fabián (Joseph, min.70), Jorge, Guille, Dani Cotelo, Alberto Recarey, Iago (Lorenzo, min.46), Borja, Puente, Cris.
- MAZARICOS: Rubén, Fran, Javier, Oreiro, Sandelo, José Ángel, Ferreiro, Alberto (Alex, min.80), Mario, Carreira (Jose, min.80), Molinos.
- Goles: 1-0, min.15: Cris; 1-1, min.25: Carreira; 2-1, min.40: Puente cun golazo de falta; 2-2, min.60: Molinos; 2-3, min.65: Molinos; 3-3, min.80: Jorge de penalti; 4-3, min.90: Alberto Recarey.
- Expulsión: Javier por doble cartón no min.80.
Choque moi igualado e vistoso que se decidiu nos últimos instantes, con constantes alternativas no marcador e moi intenso. O Ponteceso, coma semprel levando a manixa tocando con criterio o balón. En fronte, un Mazaricos ben formado atrás, cun Oreiro sacando ben o balón e buscando ás contras con tamén moito perigo.
Dende o comezo o Ponteceso foi polo partido, levando o peso en todo momento. Comezou ademais pegando o cadro local pero Carreira empataba aos 25 minutos. Puente demostraba a súa calidade cun golazo de falta antes do descanso.
E trala volta dos vestiarios o Mazaricos aproveitaba un par de boas e rápidas contras para darlle a volta ao marcador por medio de Molinos.
Pero faltando 10 minutos, unha expulsión máis ou menos rigorosa e un penalti, este moi claro, foron claves para a remontada do Ponteceso. Jorge e o propio Alberto Recarey foron os encargados de meter igualdade na cabeza do grupo.
Cabana -- Descansa
Máis información
Crónicas da semana
- 3ª Autonómica: Doble loita no alto da táboa.
- 2ª Autonómica: O Malpica frea ao Club do Mar mentres ferve a zona baixa.
- Preferente: Novo derbi con táboas.
- 1ª Autonómica: O Cee xa suma fóra da casa.
- Resultados da fin de semana no #futboldacosta.
Máis novas
- Vídeo entrevista de Anxo Garrido co porteiro fisterrán Joselu.
- A SCD Malpica chega á Univesidade.
- Alberto Pose: Unha de formación dos formadores do fútbol da Costa.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
- Colabora o Blog do Malpica de Luís E. Porto, Unión Club Cee, Jorge Domínguez, Pablo Conde, De la Sierra, Cristian Gomez.