Fisterra-Esteirana e Outes-Dumbría, as grandes finais das #CopadaCosta Cadete e Infantil
Menudas finais que nos esperan este sábado 18 de xuño no Campo de san Andrés, Zas. As finais das Copas da Costa Cadete e Intantil celebraranse na mañá sabatina, nunha boa festa do fútbol base. Dúas finais que demostran o gran traballo destes 4 equipos coa canteira.
Ás 10:00h comezará a festa cos Infantís, e ás 12:00h, a final Cadete.
Fisterra e Esteirana nos Cadetes
Esteirana e Fisterra chegan á final tras unha gran traxectoria. Nas semis, nin Xallas nin Cee prantaron cara a estes dous potentes equipos.
O Fisterra chega cun equipo bastante equilibrado en tódalas liñas, cunha amizade especial dentro do vestiario e co pichichi da categoría, Isaac, como punta de lanza, con máis de 60 goles entre Liga e Copa este curso.
Terá que parar a Esteirana a Isaac, pero o equipo blaugrana está moi compensado en todas as liñas, non soe complicarse en defensa e ten unha gran resolución en ataque. Chaky será o antídoto para intentar frear ao pichichi fisterrán, mentres Jaime no medio e Carlos arriba (dous un xogadores que xa saben o que é competie, e marcar cos maiores), serán os encargados da parte ofensiva.
&nbso;Outes-Dumbría en Infantís
Métese o Outes nesta despois de quedar 4º na Liga, e tras superar con moitísimos apuros a todo un Fisterra. O cadro fisterrán, 2º, en liga, puxo en apretos aos da Serra, que finalmente puideron darlle a volta a eliminatoria en Ara Solis tras ter perdido no Cunchido.
O Outes é un equipo moi aguerrido, que non para de correr, e que conta coa facilidade de cara gol dos Aarón e Siso.
Caro lle custou o pase ao Dumbría, imbatido durante toda a Liga, meterse na final. O Corme, outro equipazo, tivo o pase nas mans, e chegou a poñerse 3-4 no transcurso da segunda metade. Pero tirou de garra o cadro dumbriés e nun remate de partido fulgurante marcou 3 goles que o metían de novo na final, cun Álex Sendón en plan estelar.
O Dumbría, cun ollo na fase de ascenso
O Dumbría terá que gardar folgos para o domingo, pois xógase media temporada na ida da eliminatoria definitiva para lograr o ascenso á Liga Galega Infantil. O campo da Barraña de Boiro acolle este primeiro partido, o domingo ás 18:00h. Un campo grande, de herba natural, que pode beneficiar aos dumbrieses, cun potencial físico máis forte.
Novas relacionadas
- Sofán, Outes e Cee, campións da #CopadaCosta de F8.
- O Lira prepara o III Torneo de F8 Alevín para o 18 de xuño.
- Os Veteranos do Dumbría arman o Torneo de Novas Promesas o 2 de xullo.
- O Fútbol Base foi protagonista en Cabana, Outes, Cee e Santa Comba.
- Unha emotiva homenaxe a Manuel Ferreiro Antelo, árbitro recentemente falecido nun accidente.
- Malpica foi a capital do Fútbol Base por Semana Santa.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).