Venres. 26.04.2024
El tiempo

Fontenla vibrou co balonmán de base

Fontenla vibrou co balonmán de base
Choque do Bm Camarinas en Fontenla Imaxe dun dos partidos da Fase de Ascenso á División de Honra Infantil Feminina

Non frea o Bm. Camariñas, que tras cantar o terceiro título mantén a liña gañadora na penúltima xornada da 1ª Autonómica, xa cun ollo na Fase de Ascenso.

Pola súa banda, O Calvo Xiria segue decidido a loitar polo ascenso. E demostrouno vencendo a primeira das 5 finais que quedan ata final de Liga. Non fallou ante A Cañiza, pero segue tendo a Porriño e Lalín pisando os talóns a 1 e 2 puntos de distancia.

Fantástica xornada de base en Santa Comba

Afeccion do Bm Xallas Ambientazo en Fontenla para apoiar ao Bm. Xallas Infantil

Acollía o Pavillón de Fontenal a Fase de Ascenso á División Honra Infantil Feminina. As melloras xogadoras do balonmán galego dábanse cita na capital xalleira cun ambientazo espectacular. As chicas do Bm. Xallas e do Bm. Camariñas estiveron tremendamente arroupadas por unha afección entregadísima, para pelexar ese ascenso cos equipos pontevedreses do Lavadores e Tui. Ademais, contaron co apoio de Xallín, a Tartaruga Ninja que animou o ambiente durante toda a fin de semana.

De venres a domingo os 4 equipos demostraron un nivel fantástico, situando ademais á Costa da Morte na elite do balomnán galego de base.

As chicas do Bm Xallas coa Tartaruga Ninja As chicas do Bm Xallas coa Tartaruga Ninja Xallín Bm Camarinas infantil en Fontenla coa alcaldesa de Santa Comba O Bm Camariñas infantil en Fontenla coa alcaldesa de Santa Comba

Finalmente, foi o Bm. Camariñas (xunto cp o Bm. Tui) o que conseguiu o ascenso tras vencer os 3 partidos. 3 vitorias moi apuradas, decididas nos últimos instantes, como o derbi comarcal ante as Xalleiras que remataba por 22-23. As encaixeiras, ademais de competir o ano que vén na máxima competición da categoría infantil, va disputar outro torneo que lle dará a posibilidade de xogar o campeonato de España.
Pola súa banda, as locais, o equipo B das infantís xalleiras, remataban 3ª tras vencer ás viguesas do Lavadores. Tocaralles ás xalleiras xogar a promoción contra o Lalín o 22 e 23 de abril con partido ida e volta.

Así se viviu a competición en Fontenla:

https://www.facebook.com/xallasbm/videos/1905348046414351/ https://www.facebook.com/xallasbm/videos/1905346173081205/  

1ª Estatal, xornada 26

  • Resultado: Calvo Xiria - Bm Saeplast Cañiza (32-25).
  • Calvo Xiria: Santiago Gómez [p], Martín Gómez [p], Brais Puñal (3), Pablo Iglesias (2), Uxío Batán (1), Sergio Facal, Gonzalo Pombo (3), Alejandro Calvete (1), Javier Rodríguez (3), Julián López (3), Hugo Rodríguez (3), Martín Alfeirán (5), Jorge Bouzas (2), Manuel Méndez (3), Miguel Suárez-Pumariega (3), Juan Carlos Rodríguez.
????????????????????????????????????

Non puido aguantar o ritmo imposto polos carballeses o equipo da Cañiza, e tras 20 minutos de igualdade o Calvo marchou no marcador para ir con 6 arriba ao descanso. A defensa carballesa estivo fantástica, permitindo rápidas contras, que sentenciaban pronto o choque.

 

Máis información

Novas relacionadas

Crónicas deste curso

Outras novas

Fonte

Comentarios