xoves. 01.05.2025
El tiempo

FSF: Xornada de grandes vitorias a domicilio

FSF: Xornada de grandes vitorias a domicilio

Que todas as saídas sexan á Rioxa, din na banda do Fisober. 6 saídas, 6 vitorias. A última este sábado, ante o San Bernabé, que deixa ás costeiras na 5ª praza.

Na Liga Galega, o choque do Vila de Cee contra o Viaxes Amarelle B quedou aprazado. Si xogaron os homes do Vila de Cee que sumaron a súa primeira vitoria do curso em Guitiriz, nun auténtico partidazo que lle permite dar un salto importante na clasificación da Liga Galega Norte.

Na Liga Provincial só xogou o Atletes, que volveu colleitar unha derrota. I é que vai haber moitas xornadas de descanso pois a federación non variou o calendario a pesar de que o Ártabras Fene e o Villa de Cee B se deron de baixa unhas semanas antes de comezar a competición. Así, cada xornada descansan 3 equipos, e nesta tocoulle ao Ponteceso FSF.

Ademais, destacamos que o Viaxes Amarelle de Patri, xa capitana este curso, vencían por 1-2 en Madrid ante o San Fernando, e se manteñen invitas e colíderes do Gr.4 da 2ª Nacional.

Patri co Viaxes Amarelle na vitoria ante o Mora Patri co Viaxes Amarelle na vitoria ante o Mora  

2ª Nacional, Gr.1, xornada 3

  • Resultado: C.D.F.S. SAN BERNABÉ – FISOBER F.S.F. (2-4).
  • Fisober: Leti, Ana, Paula Fandiño, Noe, Inés; tamén xogaron: Bárbara, Lía (p.s.)
  • Goles: 0-1 Inés min.1, 1-1 María min.4, 1-2 Bárbara min. 5, 2-2 Paula min.17, (descanso), 2-3 Paula Fandiño min. 26, 2-4 Paula Fandiño min.38.
Curto plantel do Fisober na Rioxa Chegou o curto plantel do Fisober para vencer na Rioxa

Ata o Pavillón Gonzalo de Berceo de Logroño se desprazaron desta volta as mozas do Fisober para xogar en sábado pola tarde. As terras rioxanas seguen a ser talismán para o Fisober, seis visitas e seis vitorias un pleno incrible. E iso a pesares da praga de baixas que asolou esta fin de semana ao Fisober con algunha enfermidade de última hora que fixo que as que viaxaran tiveran que multiplicarse sobre a pista e ben si o fixeron.

O partido non puido comezar mellor para o Fisober xa que no primeiro minuto Inés aproveitaba un rexeite para poñer en vantaxe as costeiras. Arrincaban moi ben as visitantes que a pesares da baixas querían traer algo de proveito cara terras galegas. Pero aos catro minutos a local María igualaba o electrónico. Aínda que non tardaron en responder as do Fisober cun gol de Bárbara que as poñía de novo por diante. Por certo o primeiro gol oficial de Bárbara co Fisober e por tanto na categoría. O Fisober dominaba o xogo e dispoñía de ocasións que non era quen de materializar. Por exemplo Inés tiña dúas clarísimas case consecutivas. Quen non desaproveitaron foron as locais que por medio de Paula igualaban a contenda a tres para chegar o tempo de lecer. Resultado co que se foron os equipos a vestiarios.

A segunda metade seguiu ca mesma tónica da primeira de dominio costeiro, pero a primeira gran ocasión foi para a local Paula Blanco, a que máis perigosa se amosou por parte local. Pero foi aos seis minutos cando a visitante Paula Fandiño poñía de novo por diante as costeiras despois dun lanzamento. Iso deu tranquilidade a un Fisober que volvía a estar por diante. O partido pouco cambiou e as visitantes apenas pasaban apuros e seguían a ter as súas oportunidades, e de novo era Inés a que tiña a máis clara. E non foi ata pouco máis de dous para o fin cando un novo gol de Paula Fandiño case finiquitaba o partido. As locais sacaban o xogo de cinco pero apenas causaron perigo e o resultado xa non se moveu.

A vindeira semana toca descansar ao Fisober que volve a competición en Dumbría dentro de dúas semanas fronte ao Ribamontán cantabro.

 

Liga Galega Norte Masculina, xornada 4

  • Resultado: Autos Muíños Concello Guitiriz - F.S.F. Villa de Cee (6-9)
  • FS Villa de Cee: Bruno, Miguelón, Mario, Marroco, Hidalgo. Tamén xogaron: Gabi, Pose,, Aitor, Jose Antonio, Santi e Perce.
  • Goles: Perce (2), José Antonio (2), Marroco, Miguelón (2), Aitor e Mario, para o Vila de Cee.

Partidazo en Guitiriz, nun pavillón aitegado, no que os ceenses sumaron a primeira vitoria mentres e endosaron a primeira derrota aos lucenses. Foi un partido de ida e volta, con alternativas no marcador e no xogo. De feito, os locais marchaban ao descanso con vantaxe, e se colocaban 4-2 á volta dos vestiarios. Pero sacaron a garra e remontaban. Faltando pouco os locais sacaron xogo de 5, e voltaban as pantasmas da semana pasada, pero desta volta non se deixaron sorprender e sentenciaron á contra.

 

Liga Provincial Feminina, xornada 2

  • Resultado: A.D. Atletes FSF - Troula Betanzos (3-8)
  • A.D. Atletes FSF: Manola (P); Cris (1); Julia; Marta; Alba (2); Antía; Ana; Sara.

Partido xogado no Pavillón Municipal de Esteiro, cunha gran entrada para ves estos dous equipos da Liga provincial Femenina. O resumen deste partido xogado en Esteiro ten dúas partes. Na primeira parte, o dominio foi do Troula. As de Esteiro esperaban o rival no seu campo, e alí defendíanse de marabilla. Con orde e boa disciplina conseguían manter as de Betanzos, que atacaban, pero costáballes chegar con soltura á portería do Atletes. Froito dese dominio, cando ían 4 minutos marcou o primeiro gol para as de Betanzos a xogadora máis destacada dese equipo, Silvia. As de Esteiro non se acobardan e apretan un pouco máis a súa presión, e no minuto 15 marca Alba en un gran tiro de fora da área. Non deixaban de loitar as esteiranas e mantiñan paralizadas ás de Betanzos, pero no minuto 18 volve a marcar Silvia. O Atletes comezaba a amosar cansanzo e faltando tres segundos para acabar a primeira metade, marca para o Troula, Olalla.

As de Betanzos ao contar cun banquillo moi amplo, (11 xogadoras contaba para este partido), a partires da segunda metade, xa non lle dou nin siquera un respiro as de Esteiro, que chegaban con só 6 xogadoras disponibles xa que Julia estaba lesionada, Ana lesionouse no quecemento, e Cris aínda está recén saída dunha longa lesión. Na segunda metade, o Atletes víase e compoñíase para resistir as do Troula. O cansancio foi cada vez a máis, e sin resposta no banquillo, foron chegando os goles das de Betanzos, ata cinco, marcados por Silvia (3), Andrea (2). Polo Atletes, volveu a marcar Alba, no minuto catro, e Cris, con un bonito gol, no minuto 12.
Polo Atletes, destacou a súa brega, xa que non contaban con banquillo que deran respiro as que estaban no campo de xogo. Destacaríamos a Alba, que marcou dous goles e estivo moi loitadora, e Antía que se vaciou por todo o campo.

 

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios