FSF: Xornada de vitorias e empates
Nova fin de semana de Fútbol Sala Feminino cun pouco de todo. Na 1ª División Nacional, Patri xogaba co Viaxes Amarelle pero caían en casa e o cadro herculino segue colista. Xa na 2ª, tocoulle emigrar como local ao Fisober a Dumbría con motivo da Xuntanza de Palilleiras en Vimianzo e o destino quixo que acadara alí o seu primeiro punto da tempada o que lle permitiu deixar de ser o pechacancelas da clasificación.
E sorte dispar para as nosas en Liga Provincial nesta 7ª xornada na que descansaba o filial do Fisober. Un dos protagonistas era o Lira FSF, que colleitaba unha gran vitoria fóra da casa, para dedicarlla ao ata onte míster Fran Insua, que fixo un gran traballo pero que ten que deixalo por motivos persoais. Pelexo e Ana Lestón quedan ao mando das roxiñas.
Mentres, o Vila de Cee non pasaba do empate ante a visita do Troula, mentres o Concello de Ponteceso FSF vencía con solvencia ás Espartanas por 1-6, achegándose moito ao liderato, que ten a 3 puntos, pero o BeArt ten un partido máis.
O Lira ten 11 puntos, o Vila de Cee 9 mentres que o filial do Fisober ten 4.
2ª División Nacional, xornada 6
- Resultado: FISOBER F.S.F. – UNAMI C.P. (1-1).
- FISOBER F.S.F.: Leti, Ana, Inés, Myrella e Noelia; tamén xogaron: Mai e Raquel.
- Goles: 1-0 Ana, (descanso), 1-1 Patricia.
O partido que foi moi igualado pero de poucas ocasións claras puido caer de calquera lado o final rematou con empate. Arrancou o partido con dominio de balón visitante, cun Fisober que se sentía cómodo a contra, mesturando presión a saída do balón con esperar en media pista. Así pasaban os minutos ata que no minuto doce despois dunha xogada embarullada a capitana local Ana poñía en vantaxe as da Costa.
Unha vitoria local pola mínima ca que se chegou o tempo de lecer. A saída dos vestiarios o Fisober decidiu esperar en media pista para gardar forzas. Pasaban os minutos e todo seguía igual. Ata que mediada esta segunda metade, despois dunha xogada tamén desafortunada e embarullada a visitante Patricia facía o gol do empate. Con este resultado de igualada chegouse o final dun partido que permitiu acadar o Fisober o seu primeiro punto da tempada.
A vindeira semana toca visita o Atlético B.
Dende o Fisober queren agradecer o Concello de Dumbría tódalas facilidades postas para a utilización das súas instalacións e o trato recibido.
Liga Provincial, xornada 7
- Resultado: FSF Vila de Cee - Troula FS (1-1)
- FSF Villa de Cee: Carla, Adriana, Alba, Maria e Sandra. Tamén: Paula Insua, Serena, Laura, Marta e debuta na convocatoria a porteira infantil Ana Rodríguez.
Comezou o partido con dominio do FSF, o cal os poucos minutos xa consegue marcar por obra de María de Dumbría. Segue a dominar o FSF Vila de Cee, creando moitas ocasións pero errando a hora de marcar, presentíase que as Ceenses esta semá non ían sufrir, pero as ocasións creadas non remataban en gol, varios balóns os paus da porteira contraria, pero a bola non entraba, e claro cara o final da primeira parte, nunha das escasas chegadas a portería contraria do Troula, por non dicir na única, conseguen marcar o 1-1.
Comeza a segunda parte e case se repite o guión da primeira, dominio das ceenses, ocasións continuas, pero entre a porteira contraria e os paus non se consegue o ansiado gol. Todo isto fai que o final da segunda parte incluso as locais sufrisen, pois intentaron ir o ataque de forma desesperada, e nalgunha contra estivo a punto de levarse o partido as rapazas do Troula, menos mal que A Porteira Carla sen case intervir en todo o partido estivo realmente ben nos instantes finais.
En resumen, un empate que sabe a moi pouco para as Ceenses, que incluso chegaron a fallar dous dobres penaltis. E dicir non era o día dos goles.
As Estrelas esta semá son: 3 para María de Dumbría polo seu gol, 2 para Alba, 1 para o debut na convocatoria para a porteira infantil Ana Rodríguez.
Liga Provincial, xornada 7
- Resultado: A Baña - Lira FSF (1-2)
Non foi un partido vistoso o que se xogou en A Baña este sábado 8. Un choque moi disputado, con moitas interrupcións e imprecisións por parte de ambos equipos.
A tarde tan fría que facía fixo que as xogadoras dos dous equipos tardaran en entrar no partido, pouco xogo combinativo e moitas faltas que impedían collerlle o pulso o encontro. Adiantouse o equipo visitante no marcador, nunha xogada a balón parado, un saque de banda con remate de Sandra. Non baixaron os brazos as rapazas da Baña e nunha boa xogada colectiva conseguían o empate antes do descanso. O guión non trocou na segunda metade, continuas faltas e tarjetas, sen un dominador claro e con ocasións aisladas para os dous equipos. As locais mandaron un balón o pau cando o marcador era de 1-1, esa xogada puido cambiar o partido, tamen tiveron as Lirachas varias contras moi perigosas pero foi outra vez despois dun saque de banda, onde Sandra volveu a batir a porteira da Baña, establecendo o que sería definitivo 1-2 a falta de 4 minutos para o final. Despois do gol, moitas protestas e xogo embarullado. Tiveron a última as locais cun libre directo o borde da área, pero a defensa do Lira sacou o balón e non houbo tempo para máis.
Tres puntos moi traballados que colocan o Concello de Carnota Lira empatado co Cruces na 4ª posición da táboa, pero tendo xogado un partido menos. Para a semana visitan o Pavillón de Lamas as Espartanas da Coruña, equipo no que milita a irman da nosa xogadora Alba Cambeiro.
Para terminar teño que decir que por motivos personais o encontro do sábado foi o último partido de Fran Insua, que firma esta crónica, no banquillo do Lira. Un Fran que quere “darlle as gracias á directiva por confiar en min, moi especialmente a Manuel Joné e o ex-delegado Juan. Desexarlle a mellor das sortes ao novo entrenador!”1ª División Nacional, xornada 9
- Resultado: Viaxes Amarelle FSF - Tecuni Bilbo FSF (0-1)
- Viaxes Amarelle FSF: Carmen, Dolo, Tati, Andrea Carid, Patri (cinco inicial), Lidia Mesías, Laura Tesouro, Cris, Noe, Yaiza.
- Goles: 0-1 Elena (min. 25).
O Viaxes Amarelle FSF non foi capaz de facer gol nun partido importante na súa liga, contra o Bilbo FS. Malia contar con multitude de ocasións na segunda parte para marcar, o gol non chego e un solitario gol de Elena deu a primeira vitoria da tempada ás visitantes, deixando ao equipo herculino como colista da clasificación.
Despois dunha primeira parte moi mala para as dúas escuadras que non xeraron ningún perigo sobre as porterías que atacaban, a segunda parte a superioridade, o xogo e o mando levárono as herculinas, pero o gol fixérono as vascas que aproveitaron esa curta vantaxe para facer a súa primeira vitoria da tempada, e afundir máis ao conxunto herculino en cola da clasificación.
Patri foi da partida pero Eva non xogou.
O Viaxes Amarelle FSF non dá atopado o seu sitio na liga, e toca seguir traballando para que o próximo fin de semana facer un partido serio e conseguir puntuar. Tocará visitar a pista do FSF Rioja o vindeiro sábado 15 de novembro de 2014 a partir das 18:30 horas no Pabellón Municipal Espartero (Logroño).
Máis información
- Clasificación da 2ª División Estatal. Gr.4.
- Clasificación Liga Provincial Feminina.
- Resultados da Liga Provincial Feminina.
Novas relacionadas
- FSF: Un derbi de empate.
- O Ponteceso FSF leva o derbi da Liga Provincial.
- FSF: Xornada de derbis, empates e derrotas.
- FSF: Xornada de avións e partidos apretados.
- O Fisober estreou campaña cunha festa.
- O Lira FSF estrea a Liga Provincial con vitoria.
- O Lira FSF estreouse por todo o alto.
- Un comezo deportivo para o Vila de Cee FSF.
- Patri Romaní e Eva Lema comezan unha nova etapa na máxima categoría do Fútbol Sala Feminino.
- Crónica dunha primeira gran tempada do FSF Vila de Cee.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Colabora o Fisober, Fran Insua do Lira, e o Vila de Cee FSF, e Viaxes Amarelle.