Futsal Carballo: Porto do Souto e Brasería Caracola protagonistas


O Explotacións Porcinas Porto do Souto recupera o liderato do grupo azul da liga regular Alonso Moda tras golear ao Mesón do Pulpo-Ralarsa e aproveitar a xornada de descanso do Cervecería Ágora. Mentres que no vermello, o Brasería Caracola vai de goleada en goleada e segue imparable.
Asesoría Cervantes 1 – 4 Cervecería O Pazo
Tras unha gran primeira parte do Cervecería O Pazo, na cal o equipo pontecesán non serían quen de materializar as numerosas ocasións coas que contaron, sería Paulo o que adiantaría aos locais. Pouco antes de chegar ao descanso, Eloy faría a igualada ao resolver unha melé formada. Á volta dos vestiarios igualaríase a contenda, pero Mendieta sería clave para os seus e o Cervecería O Pazo daríalle a volta ao encontro con tres goles do “14” visitante.Mesón do Pulpo/Ralarsa 2 – 8 Explotacións Porcinas Porto do Souto
Non quería o conxunto visitante a posibilidade de recuperar o liderato e acabaríao logrando cunha goleada sobre o Mesón do Pulpo/Ralarsa que chegaba ao encontro logo de gañarlle ao Carballo Futsal. Ao pouco de comezar o encontro, Marcos cun auténtico golazo facía o 0-1. Logo desto igualaríase a contenda, pero a partir do minuto 10 chegaría o vendaval do Explotacións Porcinas Porto do Souto que sería moi superior e se poñería con catro goles de vantaxe no marcador, logo de que Breogán, en dúas ocasións, e Pedro superasen a Domingo. Antes do descanso, Óscar Varela faría o gol da esperanza para os seus. Á volta do tempo de lecer, David e Breogán aumentarían a vantaxe con dous tantos máis. Pardo recurtaría distanzas no marcador cun gol que faría que os locais buscasen a remontada con máis corazón que cabeza e Pedro, en dous contragolpes, firmaría o definitivo 2 a 8.Restaurante Río Sil 5 – 4 Interfutsal/Deportes San Remo
Partido de ida e volta con moitas ocasións e no que calquera dos dous equipos se puido levar o gato á auga. Finalmente sería o Río Sil, o conxunto que se levou os tres puntos remontando nos minutos finais con goles de Trincado e Adrián.Hotel Pazo do Souto 8 – 1 Carballo Futsal
Encontro igualado nos seus primeiros minutos e no que se adiantaría o Carballo Futsal por medio de Samba. Minutos despois, Jordan daríalle a volta ao marcador con dous goles e a partir desto o dominio foi do Pazo do Souto. Jonny e Taibo farían dous goles máis para irse ao descanso co 4 a 1 favorable no marcador. Na segunda metade, o partido sería a mesma tónica e os locais conseguirían cerrar o encontro con catro goles máis. Jordan, do Pazo do Souto, cun hattrick e Ferreiro, do Carballo Futsal, coas súas numerosas intervencións foron os protagonistas do encontro.Grupo Vermello
Restaurante A de Pako 4 – 4 Don Ordenador/SAT Xulián
Partido de ida e volta no que calquera puido gañar. Ambos equipos tiveron ocasións para levarse os tres puntos, pero finalmente o fútbol foi xusto e o Restaurante A de Pako e o Don Ordenador sumaron cadanseu merecido punto.Dluxe Carballo/Kasa Klandestino 0 – 7 Brasería Caracola
O líder deste grupo vermello vai de goleada en goleada, e esta semana tocoulle o turno ao Dluxe, que caiu estrepitosamente. Desta maneira, os homes do Caracola van lanzados cara o título, cando faltan tres xornadas para o remate desta liga regular Alonso Moda.Dolce&Café 5 – 1 S2 Informática
Tras unha primeira parte igualada na cal os locais contaron con varias ocasións para adiantarse pero que non foron capaces de materializalas, chegouse ao descanso co 0 a 0 no marcador. Á volta dos vestiarios, Uru faría o primeiro gol da noite con algo de fortuna e a partir deste tanto o Dolce&Café dominou con contundencia e o 7 dos azuis fixo tres goles máis para poñer o 4-0 no instantáneo. Mallo recurtaría distanzas pero xa era demasiado tarde para a reacción, aínda así Matías dende o punto de doble penalti faría o definitivo 5 a 1.Cafetería Habanos 79 4 – 2 Panadería Añón
Comezou mellor o Panadería Añón e adiantaríase no marcador cun gol de Rubén, aínda que ambos contaron con ocasións para facer máis goles. Co 0 a 1 chegouse ao descanso. Pero á volta dos vestiarios, o Habanos foi superior e doulle a volta ao marcador con goles de Eloy e Fede. Minutos despois, Rubén superaría de novo a Martín para facer o empate pero o fútbol quixo ser xusto e o conxunto local levaríase a victoria con dous goles máis de Lorenzo e Diego, respectivamente.
A crónica da semana: Carpe Diem 1 – 3 Cervecería Troula

- Carpe Diem: Iván, Tonecho, Fer, Diego e Adrián. Tamén xogaron: Alberto, Carlos e Rai.

- Cervecería Troula: Puyol, Dubra, Marcos, Cristian e Martín Fuentes. Tamén xogaron: Puñal, Quillo, Mario e Chucho.
- Goles: 0-1 m.1: Martín Fuentes; 0-2 m.17: Chucho; 1-2 m.19:Alberto; 1-3 m.31: Marcos.
- Árbitros: Pablo (pista) e Juan (mesa). Sin problemas.
- Pavillón: Carballo Calero (Carballo).
Á volta dos vestiarios, o partido foi un ida e volta con constantes ocasións para ambos equipos e, tanto o Carpe Diem como o Troula terían como protagonistas aos seus porteiros que evitaron que o marcador se movese varias veces. No minuto 31, Marcos faría o definitivo 1 a 3 logo de aproveitarse dun rexeite de Iván e o despiste xeral dos defensas locais. Logo deste tanto, o Carpe Diem puido arañar algo deste encontro ao igual que o Troula puido sentenciar pero nin dos dous foron quen de materializar as ocasións coas que contaron.
Crónicas de Futsal Carballo
- X.6: O Brasería Caracola non cede mentres Cervecería Ágora é o novo líder do azul.
- X.4: Dous en cabeza no Vermello mentres a igualdade toma o Grupo Azul.
- X.3: Porto do Souto e Brasería Caracola dan un golpe na mesa.
- X.2: Futsal Carballo: O Dolce&Cafe confirma a súa candidatura ao título.
- X.1: O Dolce&Café e o Explotacións Porcinas Porto do Souto, primeiros líderes da Liga Futsal Carballo.
Máis información
Novas relacionadas
- MáisDeporte comeza avisando na Liga de FS de Cee.
- Comeza o Futsal en Carballo.
- Arrincan as Ligas de FS Cee.
- 13/14: Fin de festa para a gran temporada da Liga Futsal Carballo.
- 13/14: Liga FS Carballo: Cervecería Troula e Talleres Sousa-Rte.Seiruga celebraron os seus títulos.
Fonte
- Redacción de David Castro para QPC Deportes (davidcastro@quepasanacosta.gal).