Martes. 08.10.2024
El tiempo

Gómez Noya tamén quere subir o Formigón

Gómez Noya tamén quere subir o Formigón
Javier Gomez Noya estara no Gran Fondo EzaroJavier Gomez Noya estara no Gran Fondo Ezaro Javier Gomez Noyá estara no Gran Fondo Ézaro-Foto-FB Segue medrando o Gran Fondo Ézaro, esa proba cicloturista que queda ano vaise facendo máis e máis grande. Este vindeiro 2 de xullo, ademais dos Tony Rominger e Alex Zülle, a carreira contará cun dos mellores deportistas do deporte español, o triatleta Javi Gómez Noya, pentacampión mundial de tríatlon. Ademáis de Rominger, que levará o dorsal 1.500, e de Zülle, que lucirá o 1, estarán ciclistas galegos profesionais como Álex Marque, Delio Fernández ou Gustavo César Veloso, e ex-ciclistas como David Blanco, Marcos Serrano, Álvaro Pino e Óscar Pereiro (todos galegos), Joseba Beloki ou Ángel Casero. Ademáis dos deportistas, o cantante invidente Serafín Zubiri portará o honorífico dorsal número dous, na súa tentativa de ascender nunha bicicleta tándem ao miradoiro de Ézaro. A proba, que permite un percorrido curto de 72 quilómetros e outro de maior dureza de 140, está organizada por EME Sports, empresa do ex-ciclista Ezequiel Mosquera, quen tamén estará na saída. Antes de enfrontarse ao temible muro de Ézaro, os suízos Rominger e Alex Zülle estarán o 1 de xullo no Monte do Gozo en Compostela, nun acto homenaxe para lembrar a etapa contra o reloxo individual con que rematou a Vuelta a España 1993, a primeira edición patrocinada polo Xacobeo. Zulle gañou a etapa final, pero Rominger venceu na clasificación xeral e repetiu vitoria.  

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios