mércores. 30.04.2025
El tiempo

Grupo de 3 na cabeza

Grupo de 3 na cabeza
Camariñas, Ponteceso e Club do Mar fanse cada día con máis papeletas para loitar polo ascenso. Non fallaron os 3 nas súas visitas e xa sacan 5 puntos sobre o 4º, agora o Sofán, tralo empate do Fisterra na casa anet un correoso Castriz. Por abaixo, o Porteño non deixou espertar ao Carnota, mentres que o resto de equipos de abaixo, agás o complicado Vimianzo, non sumaron. Entrementres, Corme e Sofán seguen pendentes das consecuencias da fatal arbitraxe da semana pasada, que ademais de custarlle numerosas sancións, terán que ver en que queda o resultado xa que malia o 4-4 final, o colexiado deixou inexplicablemente na acta un 4-3 para os cormeláns.

Malpica - San Lorenzo (2-0)

  • Malpica: Suso; Charly, Víctor, Iago, Marco, Ismael, Neucha, (Gonzalo, min.85), Casais, (M. Dourado, min.46), David Blanco, (Diego, min.83), Andrés, Manu Pardo, (Eloy, min.46).
  • San Lornezo: Recarey; Canteiro, (Marcos Cancela, min.67), Fabián, (Killo, min.63), Dubra, Casilleiro, Anxo, Omar, (Eloy, min.73), Cachizo, Alexandre, Álex, Javi, (Fuente, min.81).
  • Goles: 1-0, min.5: David Blanco tras un pase en profundidade de Ismael. 2-0, min.78: David Blanco de novo tras pase de Ismael.
Saíu de inicio moi concentrado o equipo local e xa aos 5 minutos David Blanco tivera unha boa ocasión e xa marcara o primeiro tanto. A partires de aquí, o equipo de Verdillo, comezou combinar e a chegar con perigo ao portal de Suso, pero nin Cachizo, nin Alex, nin Alexandre estiveron acertados. O San Lorenzo levou a inicativa toda a primeira metade, mentres que os locais saína á contra con rapidez. Menos xogo houbo na segunda metade cunhas defensas que non permitiron fisuras. Tan só o propio David Blanco foi quen de marcar o segundo para os de Agilda.

Fisterra - Castriz (3-3)

  • Fisterra: Fisterra: Joselu, Piti, Julio, Senra, Pana, Munitis (Marco min.65), Edi (Martín min.80), Roa, Nacho, Guardiola, Manoliño.
  • Castriz: Diego, Noli (Rubén min.87), Álex, Toniño, Dani (David Brenlla min.75), Alberto, Cili (Bruno min.60), Óscar, Sebas (Suso min.55), Chinda, Mauri (Sergio Pose min.89).
  • Goles: 1-0, min.6: Senra; 1-1, m.27: Toniño; 1-2, min.68: Noli; 1-3, min.73: Noli; 2-3, min.87: Martín; 3-3, min.91: Marco.
Moito vento en Cee, e moita precipitación nos dous equipos. Adiantouse pronto o Fisterra pero empatou o Castriz cun gol dende 70m tras botarlle o balón ao meta fisterrán e pasarle por riba. Nacho puido adiantar antes do descanso pero fallou sen porteiro. Na segunda, co Fisterra co favor do vento, foi un dominio constante pero sen aproveitar as poucas ocasións creadas, xa que a defensa xalleira estivo bastante fina. Así, en dúas contras puxose 1-3 o Castriz por diante pero 10 minutos de infanrto do equipo de Manolo Santos serviron para remontar un partido que parecía perdido. O xuvenil Martín, en moi bo estado de forma, e Tati, foron os responsables do empate fisterrán.

Sofán - Baio (2-1)

  • Goles: 1-0, min.20: Canai; 1-1, min.40: Bertín; 2-1, min.70: Gustavo.
Partido condicionado polo mal tempo e un terreo de xogo impracticable. Canai adiantou aos seus na primeira, pero pouco se pouco o Sofán foise facendo co control do xogo e do partido. Empatou antes do descanso Bertín para a SD, que malia ter numerosas baixas estivo moi firme. A segunda parte foi máis un encontro de waterpolo, con moito balón aéreo, onde as ocasións só chegaban a balón parado. Así marcou a SD, por arranque e persistencia.

Dumbría B - Corme (3-0)

  • Dumbría B: Anxo, Samuel (Insua min.70), David Carreira, Sergio Cives, José Manuel, Jesús, Pablo Lestón (Carlos min.75), Ramiro, Tantán, Fernando (Ivanete min.65) Pablo Muíño (Rodrigo min.35).
  • Corme: Susiño, Jesús, Abel, Pandi, Lelo (Dani min.85), Diego, Adolfo (Xavi min.70), Martinciño, Martín (Gonzalo min.57), Lucas, Darío.
  • Goles: 1-0 min.15: Pablo Muíño; 2-0 min.70: Rodrigo; 3-0 min.75: Ivanete.
Está acusando as numerosísimas baixas o conxunto de Suso da Torriña. Ata tal punto que varios cadetes forman nas convocatorias. Aproveitouse o Dumbría B que dominou todo o encontro malia que non puido sentenciar ata o min.70.

Vimianzo - Muros (0-0)

  • Vimianzo: Damian, Maikol, Amarelle, Camilo, Sergio Quintáns, Iván de Treos, Santi, Lagoa (Mario, min.90), David Pose (Diego, min.92), Arán e Javi Marroco (Maracas, min.80)
  • Muros: Rubén (Lupi, min.46), Iván, Miguel Riveiro (Manu Dosil, min.80), David (Teo, min.55), Mayuyo, Varito, Oscar (Gelo, min.55), Chema (Dani, min.55), Cexo, Bibi e Toni.
  • Expulsión: O local Santi (min.24) con cartón vermello directo por insultar ao banquillo visitante.
Gran cambio de imaxe do Vimianzo con respecto aos último partidos que xogou un partido moi serio en defensa, pese a xogar moito tempo con 10 xogadores. Na primeira metade os locais pese a xogar en contra do vento non pasaron apuros para defender a súa porta. Tralo descanso non renunciou ao ataque os equipo de Juan Jesús e tivo un par de ocasións para marcar. Os muradáns tiveron dúas boas ocasións, un man a man de Cexo co porteiro que tirou ao lateral da área e un centro-chut de Bibi que se foi ao longueiro. A vitoria do Porteño non axuda moito ao equipo vimiancés, máis o cambio de imaxe con respecto aos últimos choques fai que o punto sexa positivo.

Porteño - Carnota (3-2)

  • Porteño:
  • Carnota: Peipo, Gabri (Pumuki, min.70), David Brea, Pedro, Manolo do Zoqueiro, Deme, Manuel Luis, Joselu (Oli, min.60), Casti, Pablo Beiro, Miguel Beiro.
  • Goles: 0-1, min.20: Casti; 1-1, min.35: Varela tras un saque de banda de Mannuel; 2.-1, min.40: Iago de vola á saida dun córner; 2-2, min.55: Casti; 3-2, min.80: Iago.
Moi bo partido do Porteño nun encontro clave entre os dous de abaixo. E iso que Casti segue a fecer das súas cando anda pola Costa e a pesar de estar moi só arriba marcou dous tantos que puideron ser algún máis. E marcou xusto cando mellor estaba xogando o Porteño, pero coma soe pasar, a raíz dun saque de banda de Manuel, Varela empatou para os da casa. Iago puxo por diante aos seus cunha gran volea á saída dun córner. Xa con vantaxe o Porteño sentiuse máis cómodo. Casti seguía pelexando só na punta carnotá e aínda así conseguía empatar. Pero Iago de novo conseguí o gol da vitoria local, se non fóra porque Casti marrou o empate no último minuto.

O Pindo - Camariñas (2-6)

  • O Pindo: Garrido (Julián min.46), César, Jose (Rivas min.75), Pulpo (Cote min.60), Mateo (Ángel min.70), Miguel, Diego, Edu, Rafa, Borja, Aitor.
  • Camariñas: Pombo (Pablo m.75), Pesqui (Ogando m.60), Maikel, Breo, Josiño, De La Sierra, Moriño, Brais, Nico (Gabriel min.60), Juan oBello (Antelo min.60), Adrián.
  • Goles: 0-1, min.12: Moriño; 0-2, min.21: Adrián; 0-3, min.45: Nico; 0-4, m.54: Juan oBello; 0-5, min.65: Brais; 1-5, min.66: Diego; 1-6, min.86: Brais; 2-6, min.87: Diego.
Pouco que contar dun encontro de clra cor visitante. O equipo de Sil aguantou o tipo que xa ao descanso, a pegada camariñá fixera mella con 3 tantos que sentenciaban o encontro.

Esteirana - Ponteceso (0-3)

  • Esteirana: Ramón, José Varela, Suizo, Dani, Mingos, Pepe, Iago, Uru, Alex, Simón, Roberto Pladur. Tamén: Cajulo, Andel, Adrián, Beni.
  • Ponteceso: Norberto, Mario, David, Fabian, Dani Pallas, Carlos Mato, Bolon (Adrian Porteiro, min.80), Alfredo, Toniño (Charro, min.55), Nando e Luisete (David Velo, min.70)
  • Goles: 1-0, min.20: Luisete tras unha falta lateral protestada polos locais; 0-2, min.35: Luisete, de penalti; 0-3, min.60: Dani Pallas.
  • Expulsión: Uru no min.20.
Segue a maldición dos locais no seu campo e diso aproveitouse o Ponteceso que se levou con solvencia o partido. Luisete marcou os dous primeiros goles, o primiero tras un lanzamento de falta que foi desviado pola barreira e o segundo ao transformar unha pena máxima. Dani Pallas puxo a sentenza cun lanzamento dende a frontal da área. No banco visitante sentouse o noso colaborador Alberto Pose ante ausencia de Berto.

Buño - Club do Mar (1-4)

  • Buño: Añón, José (Pardiñas, min.75), Diego, Moscoso, Angel, Jorge, Mendieta (Emilio,m min.64), Juan (Pancho, min.60), Santi, Fran Martuxa, Víctor.
  • Club do Mar: Iván, Chori (Manuel, min.55), Luis Lareo, Chechu, Isaac (Fran Borrazás, min.65), Repi, Alberto, Jacobo (Héber, min.60), Abel, Tonecho, Pablo Corral. Tamén xogaron: Jorge, Borja, .
  • Goles: 1-0. min.10: Santi; 1-1, min.65: Luis Lareo nunha xogada a balón parado; 1-2, min.68: Jacobo de córner; 1-3, min.75: Repi tras un erro no pse dun defensa; 1-4, min.87: Tonecho de penalti.
Non foi tan claro o encontro como di o marcador. Os locais controlaron a primeira metade e se cadra o 1-0 co que se chegou ao descanso foi curto dados os méritos dos de Pablo Mallón. Co 1-0 o Buño tivo dúas ocasións clarísimas de Víctor que non remataron en gol e permitiron que o Club do Mar seguise vivo. E cun equipo como o de Caión, o o sentenzas, ou cha lía. Saíu a por todas na segunda metade e foi un rodillo o equipo de Repi. Chegaban con perigo mentres que á contra non conseguían devolver os golpes os locais. E a balón parado, a cruz dos de Buño, sentenciou o Club do Mar.

Máis información

Novas relacionadas

  • Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).

Comentarios