Hoxe, mércores, no Depor Sport



Chega cargadiño hoxe o Depor Sport. E comezamos o repaso por arriba, pola Preferente, que esta fin de semana vivirá un novo derbi entre Dumbría e Santa Comba. E un dos protagonistas será Luisito, que estivo a piques de fichar polo cadro laranxa en pretemporada. Ademais, o diario fala da complexa viaxe do Soneira, que terá que saír o domingo ás 10:00h cara Ribadeo.
En 1ª comezamos por Arteixo, onde a chegada do ex soneirán Javi parece afianzar a zaga do líder. Ademais, por Ponteceso, o míster Berto pide algo de sorte, mentres que o Cee enviou á Federación unha queixa pola actuación do colexiado Zas Vázquez.


Chega cargada a actualidade da Liga da Costa. E o primeiro protagonista é Leo. O corcubionés está en racha no Camariñas de Manolín, que sempre confiou nel. Ademais, esta fin de semana será o último encontro no que Alejo non poderá vestir a camisola do Corme, trala expulsión na final da Copa xuvenil
A Bote pronto, o diario fala con Cheo, que recoñece a profundidade do banco neste novo Malpica; con Seluco, que se lamenta por non marcar coa zurda; e Eloy, o arteixán que sufriu unha escordadura co seu Sofán.
Xa na 3ª, o diario apunta a volta do Lira a Portocubelo, malia que o campo segue sendo de terra. E, como contabamos onte, o Montelouro quere marchar da polémica e asegura que si que xogará o partido aprazado ante o Carnota.
Máis información
Novas relacionadas
- Un Dumbría descarado.
- Xuvenil Sur: Pouco a pouco sacando conclusións.
- Xuvenil Norte: Unha doble Liga.
- 3ª Autonómica: Xa gañan todos.
- 2ª Autonómica: Xornada olímpica.
- Preferente: A comarca do Xallas toma o protagonismo.
- 1ª Autonómica: Adaptándose.
- Resultados desta xornada de loito no fútbol costeiro.
Máis novas
- Pablo Mouro: Primeiros Auxilios Básicos (I).
- Vídeo entrevista de Ángel Garrido a Alberto Pose.
- Vídeo entrevista a Manolo Varela por Angel Garrido.
- Vimianzo lembrou a Martín Pena.
- O Plan Competicional e a Liga á carta.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).