Hoxe, mércores, no Depor Sport

Despois de continuar coa serie de Primeiros Auxilios Básicos da man de Pablo Mouro, analizamos a semana deportiva co Depor Sport.


Na 1ª Autonómica, Pato analiza a situación do Cee, en graves problemas coas lesións. Baixas como os de Tasky, Llanero ou Fernando son fundamentais para o cadro da Xunqueira, e Pato o achaca ao complicado verán, onde entre bodas, despedidas de festas, apenas puideron facer pretemporada.
Fala o diario da Liga da Costa como unha das mellores canteiras do país, e así o reflicte o feito de que no derbi da semana pasada de Preferente entre Santa Comba e Dumbría, houbese 10 xogadores que ata hai 2 anos o facían na 2ª Autonómica.
Ademais Vituco asume que polo de agora o Club do Mar non fixo nada e que os rivais aos que se tivo que enfrontar o clube caionés foron "cómodos"; Cajulo, dende Esteiro, quere estar entre os 6 primeiros; Neucha recoñece que hai erros en Malpica pero que a xente nova axudará; e Borja Munitis está con gañas para volver ao 11 fisterrán trala súa lesión nun brazo.

E pola 3ª da Costa, o diario fala dos problemas do novo Camelle coas lesións; e mais da problemática entre Montelouro e Carnota para decidir unha data para enfrontar o encontro suspendido hai dúas semanas pola morte dun rapaz carnotán nas estradas da zona. Será a Federación a que decida a data.
Escola de porteiros do Bergantiños
E como apunte, destacamos que o Bergantiños C.F. e Escola de porteiros É.PORT, crean a escola para o desenvolvemento da tecnificación, formación e perfeccionamento en xeral do traballo especifico de porteiros, ao obxecto de aprender e mellorar as calidades dos deportistas.
A sede será o Campo Municipal das Eiroas e as actividades impartiranas polos adestradores Alberto Casal (adestrador de porteiros do Bergan), José Sambade (do Deportivo) i Ián Gonzáez Casais (do Deportivo).
A actividade deportivacomeza esta semana desde as 18:30 ata as 21:30, creásense tres grupos acorde á idade e nivel dos alumnos.
As persoas ás que lles poida interesar poden dirixirse ás seguintes páxinas: bergantinos.f.c@hotmail.com e www.escueladeporteros.com ou aos teléfonos 646916108, 981703555 e 629199647.
Máis información
Novas relacionadas
- Xuvenil Norte: Malpica e Dumbría B seguen mandando.
- Xuvenil Sur: Apretando.
- 3ª Autonómica: A Liga fractúrase.
- 2ª Autonómica: Empate no alto.
- Preferente: Os 4 equipos se afianzan na parte alta da táboa.
- 1ª Autonómica: O Cee estréllase fóra da casa e o Ponteceso aprende a gañar.
- Resultados da primeira xornada de outubro no fútbol da Costa.
Máis novas
- Video entrevista co xuvenil malpicán Juny.
- Un Dumbría descarado.
- Pablo Mouro: Primeiros Auxilios Básicos (II).
- Pablo Mouro: Primeiros Auxilios Básicos (I).
- Vídeo entrevista de Ángel Garrido a Alberto Pose.
- Vídeo entrevista a Manolo Varela por Angel Garrido.
- Vimianzo lembrou a Martín Pena.
- O Plan Competicional e a Liga á carta.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).