Domingo. 13.10.2024
El tiempo

Liga Intermunicipios: O Cances toma o relevo

Liga Intermunicipios: O Cances toma o relevo
A Pina-Laxe-Foto-Juan Carlos Lorenzo A Liga Intermunicipios de Bergantiños está patrocinada polo Mesón de Carmiña

O Cances é o novo líder en solitario da competición logo da súa vitoria ante outros dos favoritos como é o Sporting Brea e aproveitar o empate do Cereo ante o Xornes, nun encontro con polémica.
O equipo dirixido por Manolo Rama impúxose nas Eiroas ao dirixido por Ángel nun encontro moi disputado e con constantes interrupcións do xogo. Comezaría adiantándose no marcador o conxunto da parroquia de San Campio cun gol de Edgar, co 0 a 1 e un Cances mellor chegaríase ao descanso. Á volta do tempo de lecer, empatarían os da Brea dende o punto de penalti pero cando faltaban dez minutos Javi declinaría a balanza para o equipo rossonero cun golazo dende 40 metros que sorprendiu a Upi para poñer o definitivo 1 - 2. Demasiado castigo para o conxunto verde que logo do visto na segunda metade mereciu alomenos o empate e que o alonxa da reválida do título.

O Cereo tan só puido sacar un punto do seu encontro ante o Xornes nun partido igualado que logo dunha mala primeira parte por ambas partes chegou ao descanso co resultado inicial. Á volta do tempo de lecer, adiantaríase o conxunto pontecesán cun gol de Sanjurjo dende o medio do campo que sorprendiu a Martín. Cinco minutos despois empataría o conxunto amarelo cun lanzamento de Tato dende fóra da área pero voltaría a adiantarse o Xornes cun gol de vaselina de Walter. Finalmente, o pichichi da competición, Iván, faría o definitivo 2 a 2, nunha xogada moi protestada polos visitantes que pediron a invalidación do gol por unha posible man do dianteiro coristanqués.

O Baldaio venciu a un Rus, que foi quen de dominar durante case todo o encontro a un equipo local que estaba moi mermado polas baixas. O conxunto visitante protestou moito a actuación do colexiado, a quen culpan da súa derrota, ademáis da gran actuación do porteiro baldaiés. Desde Baldaio cren que o resultado é xusto, debido a cantidade de ocasións das que dispuxeron.

O Valenza chega ao seu “Tourmalet” particular nunha posición inmellorable, na cuarta praza da clasificación a tan só dous puntos do líder, logo da súa vitoria a domicilio ante o Sporting Seaia por 1 a 3 nun encontro igualadísimo que se decidiu no último cuarto de hora. Empezarían gañando os locais cun gol de falta, pero empatarían os da parroquia coristanquesa antes do tempo de lecer. A segunda metade seguiría a mesma dinámica que a primeira pero o encontro decidiríase nos últimos quince minutos en dúas xogadas similares do Valenza, que lle serviron para o poñer o definitivo 1 – 3, que supón a segunda vitoria consecutiva dos coristanqueses que os coloca na parte alta da clasificación.

O Laxe segue sen sumar a pesar de realizar un bo partido en A Piña, que se decidiu a favor dos piñáns pola gran pegada de cara a gol. Comezou adiantándose o equipo local aos dez minutos de partido, que aumentaría a súa renta dende o punto de penalti nunha xogada moi protestada polos visitantes. Á volta do tempo de lecer, os de A Piña farían o 3-0 definitivo cun golazo dun xogador verde.

A Piña-Laxe-Foto-Juan Carlos Lorenzo

Goleadores

  • Iván García, do CF Cereo, con 17 goles.
  • Enmanuel Varela,, do Valenza Clube, con 11 dianas.
  • Iván Pena,, do Sporting Brea, con 7 tantos.
  • Walter Villar,, do Xornes, con 7 goles.

Máis información

Crónicas da Liga Intermunicipios

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios