sábado. 15.03.2025
El tiempo

Máis de 200 atletas participaron na I Carreira Pedestre de Ponteceso

Máis de 200 atletas participaron na I Carreira Pedestre de Ponteceso
Carreira en Ponteceso

Segue medrando a afección polo atletismo na Costa da Morte dun xeito espectacular. Xa o vimos en Vimianzo, onde se batiron todas as marcas, e nas probas do I Circuito de Carreiras Populares Costa da Morte.

Se Zas e Zas e Carballo xa preparan as súas citas, a desta fin de semana foi en Ponteceso, cun fantástico éxito de participación con máis de 200 atletas nesta I Carreira Pedestre PR-G 148 do Concello de Ponteceso, aproveitando asó o roteiro homologado.

Cunha exquisita organización, os títulos foron para grandes especialistas, como o coristanqués Cristian Muíño ou coruñesa Purificación Fernández.

Carreira en Carballo

IV Carreira Popular de Carballo 2014

E xa está en marcha a IV Carreira Popular de Carballo, que se celebrará o domingo 15 de xuño dende a Praza do Concello.

Carreira en Zas

O vindeiro 1 de xuño vai ter lugar a 1ª Carreira Pedestre Concello de Zas, que forma parte do Circuito de carreiras populares Correndo pola Costa da Morte. Dende Pitufos ata Veteranos poderán correr polas rúas da vila soneirá. Xa podes ir formalizando as Inscricións enwww.concellodezas.org e na plataforma www.championchipnorte.com. Carreira Popular de Zas 2014

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios