Martín Varela arrasa no Campionato de España vencendo en individuais e dobles
Tras participar na Copa do Mundo, Martín Varela, integrante da Asociación Deportiva Vidú, volveu darnos unha tremenda alegría proclamándose doble campión de España de tenis en cadeira de rodas.
Aí é nada, o cormelán disputaba en Terrasa o Campionato de España e se desfacía dos mellores para facerse co título en individuais e mais en dobres. Así, Martín Varela (1978) xa ocupa o 2º posto do ranking nacional e o posto 56 do ranking internacional ITF.
Triundo en individuais
En individuais comezou xogando contra o galego Juan Gutierrez, ao que superou por un claro 6/1 e 6/2. En cuartos xogou ante Jordi Ros e volveu vencer con claridade por 6/3 e 6/1. Xa en semifinais enfrontouse ante o aresano Álvaro Illobre, outro dos favoritos para alcanzar a final xunto a Varela. O cormelán realizou un partido moi completo e Álvaro non estivo ao seu mellor nivel polo que Martín conseguía superalo por 6/1 e 6/4. Desta forma o cormelán plantábase na final do Campionato de España.
Polo outro lado do cadro plantábase na final o rioxano Juanjo Rodríguez ao vencer en semifinais ao madrileño Roberto Chamizo. A final tivo que celebrarse no Pavillón Cuberto das instalacións do Club Terrasa polo que desluciu un pouco a práctica do tenis. Os finalistas tiveron que realizar un gran despregamento físico porque a superficie sintética fixo que a bóla alcanzase moita velocidade nos botes. A final resultou moi igualada como mostra o resultado ajustadísimo de 7/6 e 7/6 para o cormelán. Martín proclámase por primeira vez na súa carreira Campión de España da especialidade.
Triunfo tamén en dobles
Pero as boas noticias para Varela tamén viñan nos dobres, onde facendo parella co aresán Álvaro Illobre proclamáronse Campións de España de dobres da especialidade. Na final venceron á outra gran parella do torneo formada por Rodríguez e Chamizo. O tenteo da final de dobres foi de 6/0 e 6/3 para os galegos.
Máis información
Novas relacionadas
- Martín Varela e a Selección Española petan con Asia.
- Martín Varela queda ás portas das Paraolimpiadas.
- Martín Varela escada postos na clasificación internacional tralo seu viaxe ás Américas.
- Martín Varela fai as Américas.
- Martín Varela comeza a tempada cara as Paraolimpiadas con necesidade de patrocinadores.
- Martín Varela convirte á Selección Galega na Campiona de España de tenis en cadeira de rodas.
- Martín Varela escacha ca risa.
- Martin Varela xa está entre os 60 mellores tenistas do mundo.
- Martín Varela segue colleitando triunfos e patrocinios para chegar a Londres 2012.
- Martín Varela, subcampión de España.
- Martín Varela leva á Selección Española á súa mellor posición nunha Copa do Mundo.
Fonte
- Nota de prensa de Esteban Varela.