Xoves. 03.10.2024
El tiempo

Martín Varela comeza a carreira a #Río2016 con vitoria en Italia

Martín Varela comeza a carreira a #Río2016 con vitoria en Italia
Martin Varela na Final Cuneo- Marzo2015

Xa saben que os únicos límites que coñece Martín Varela son os que marcan os cartos. O tenista de Corme, tras un ano de parón obrigado por falta de apoio económico, comezaba a súa carreira cara as Paraolimpiadas de Río 2016 cunha vitoria no “second draw do Torneo ITF Alpi do Mare, en Cuneo, Italia.

A idea é a de facer nesta primeira parte da tempada 5 torneos internacionais para ir recuperando o seu habitual posto no alto do ranking. Precisamente por iso non comezou como cabeza de serie e tivo que competir no segundo cadro, onde participan grandes tenistas pero que non compiten habitualmente por diversos problemas, aínda que para os que o principal impedimento tamén adoita ser a economía.

O tenista de Corme certificou o seu mellora co triunfo nesta final ante o italiano Iván Tratter. Martín empezou moi ben moitísimo ritmo e sen dar oportunidades ao contrario para acabar o set cun claro 6/1 a favor. No segundo set, o italiano mellorou o seu xogo, algo que supuxo que ao de Corme custáselle levar a iniciativa e tivese que traballar moito para levar o partido ao seu terreo pero tras perder o seu servizo unha vez, Martín foi capaz de romper o do italiano en dúas ocasións para levarse o set por un 6/4, que fixo que gañase o partido e o campionato.

Este primeiro torneo para Martín pódese cualificar de moi positivo, xa que malia non entrar no primeiro cadro por non ter o ránking suficiente, os partidos disputados no segundo foron un gran complemento para a preparación dos seguintes torneos.

Martín Varela acaba de asinar un convenio de colaboración con Jocar Deseños S.L., empresa que proporcionará fondos ao deportista de Corme para poder facer fronte aos gastos que supoñen algúns dos torneos clasificatorios para as Paraolimpiadas de Río 2016.

Entrevistas con Martín Varela

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios