Martín Varela comeza a tempada cara as Paraolimpiadas con necesidade de patrocinadores
Xa había 3 meses que
non sabiamos del, pero a temporada acaba de comezar. O cormelán Martín Varela, probablemente máis internacional da Costa da Morte, vén de abrir a tempada de tenis en cadeira de rodas 2012 con dous torneos en Suíza.
O cormelán Martín Varela, integrante da Asociación Deportiva Vidú que preside, participou ademais nunha concentración da selección española en Madrid.
E todo cun obxectivo claro: realizar un bo papel na Copa do Mundo e participar en todos os torneos internacionais que lle sexa posible, para loitar por unha praza no equipo nacional para participar nas Paraolimpiadas de Londres deste ano.
Por agora, Martín Varela está en boa disposición, deportivamente falando, para conseguilo, pois ocupa nestes momentos o 2º posto do ranking nacional e o nº 60 do ranking internacional.
Necesita patrocinadores
Pero o problema para intentar alcanzar estes obxectivos é o de sempre. Martín aínda non ten un patrocinio que lle asegure contar co orzamento necesario para afrontar este duro ano no que terá que viaxar por varios continentes de aquí a finais de maio, que é cando se pecha o corte para a clasificación para as Paraolimpiadas.
Temporada clave
A tempada 2012 será clave na carreira deportiva do cormelán, xa que para conseguir un bo ranking internacional deixará de lado os torneos nacionais e terá que competir cos mellores tenistas en cadeira do mundo. Para iso, Martín realizou dous duros meses de pretemporada coa intención de chegar nas mellores condicións á concentración da selección española que tivo lugar a principios de febreiro en Madrid e na que o seleccionador nacional David Sanz realizou prubas tanto físicas como técnicas aos xogadores.
Primeiros torneos internacionais
Tras este pistoletazo de saída, Varela iniciou a competición internacional. Así Martín acudiu á súa primeira cita ao torneo de Basilea (Suíza) do 23 ao 26 de febreiro.
Comezou ben o ano o cormelán, pois alcanzou as semifinais, onde caeu ante o favorito e finalmente vencedor do torneo, o xogador local Daniel Pellegrina (nº 46 do ranking internacional). En primeira rolda Varela superou ao mozo holandés Carlos Anker por 6/0 e 7/6. En cuartos superou ao italiano Luca Spano (nº 90 ITF) por un dobre 6/2. E en semifinais o sorteo do cadro enfrontou ao cormelán ao cabeza de serie nº 1 do torneo, o suízo Pellegrina. Como reflexa o tenteo final (6/2, 1/6 e 6/0 para o suízo) foi un partido tolo no que as ganas de vencer de Varela xogáronlle unha mala pasada no terceiro set, arriscando demasiado nos seus golpes e dándolle vantaxe ao rival. Desta forma Martín alcanzaba a semifinal do seu primeiro torneo do ano.
Dúas semanas máis tarde Martín Varela iniciaba a súa segunda cita do ano volvendo viaxar a Suíza, nesta ocasión a Berna, do 8 ao 11 de marzo. O sorteo foi moi caprichoso ao enfrontar en primeira rolda ao cormelán contra o suíza Pellegrina, que dúas semanas antes venceulle nas semifinais de Basilea. Como manifestou o cormelán ao final do encontro "acusou un gran nerviosismo durante o encontro e non fixo un xogo adecuado ante o rival que tiña enfronte". O tenteo volveu ser sorprendente, xa que foron tres sets moi diferenciados (6/3, 1/6 e 6/1 para o suízo). Desta forma o cormelán pasaba a xogar o cadro de consolación. Varela caía na semifinal de consolación ante o francés Laurent Giammartini por 6/1 e 6/2.
Vindeira cita
O cormelán xa se preparaba para a súa terceira proba do ano, será a próxima semana, do 22 ao 25 de marzo en Cuneo (Italia).Máis información
Novas relacionadas
- Martín Varela convirte á Selección Galega na Campiona de España de tenis en cadeira de rodas.
- Martín Varela escacha ca risa.
- Martin Varela xa está entre os 60 mellores tenistas do mundo.
- Martín Varela segue colleitando triunfos e patrocinios para chegar a Londres 2012.
- Martín Varela, subcampión de España.
- Martín Varela leva á Selección Española á súa mellor posición nunha Copa do Mundo.
Fonte
- Nota de prensa de Esteban Varela.