Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Martín Varela culmina a primeira parte da tempada arrasando en Caspe

Martín Varela culmina a primeira parte da tempada arrasando en Caspe

Non para Martín Varela, o integrante da Asociación Deportiva Vidú. O cormelán está que arrasa ultimamente e desta volta vén de competir, e gañar, no "X Open Mar de Aragón", nas pistas do Club de Tenis Meridiano Cero, na localidade aragonesa de Caspe.

Con esta vitoria Varela finaliza a primeira parte da tempada con moi bos resultados, durante o mes de agosto baixará a intensidade dos adestramentos e fará un parón nas competicións ata setembro. No tramo final da tempada quédanlle aínda citas importantes como o Campionato de España por Autonomías ou o Máster Nacional da especialidade.

Así, Martín Varela (1978) actualmente ocupa o 2º posto do ranking nacional e o posto 51 do ranking internacional ITF. Varela acudía á cita como máximo favorito tras proclamarse recentemente Campión de España da especialidade.

Arransando no torneo

Na competición individual pasou a primeira rolda por bye ao ser primeira cabeza de serie do torneo. En cuartos enfrontouse ao xogador local Miguel Tena, quen a pesar do gran apoio do público durante o partido non puido facer fronte ao gran momento de forma polo que atravesa o cormelán, que venceu facilmente por un dobre 6/0.
Xa en semis Varela volveu xogar co outro xogador local, Carlos Pina (nº 7 do ranking nacional). De novo Varela imprimiu moita intensidade ao encontro a pesar das elevadas temperaturas que acompañaron todo o fin de semana aos xogadores. Desta forma Pina non puido aguantar o ritmo do cormelán e caeu por 6/2 e 6/0.

Así repetíase a final do Campionato de España de fai unhas semanas entre Martín Varela e o rioxano Juanjo Rodríguez (nº 4 do ranking nacional). O numeroso público presente presenciou un bo partido no que ambos os xogadores realizaron moi bos golpes pero os xogos foron caendo ao lado de Varela ata finalizar o tenteo nun dobre 6/1 para o cormelán.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Esteban Varela.

Comentarios