Domingo. 13.10.2024
El tiempo

Martín Varela fai as Américas

Martín Varela fai as Américas

O cormelán Martín Varela, no seu periplo por estar en Londres 2012, competirá esta Semana Santa en Brasil, Arxentina e Chile, dentro do circuíto internacional de tenis en cadeira de rodas. O integrante da Asociación Deportiva Vidú que preside, continúa a súa competición internacional. De feito, xa se atopa en Brasil en plena competición. Desde o 5 de abril comezará a competición no Open Arxentina, en Bos Aires. E terminará a xira americana en Chile a seguinte semana.

Antes de iniciar a viaxe cara a Brasil, Martín Varela recibiu unha boa noticia, xa que ante a falta de patrocinios para poder facer fronte a este duro ano, a empresa Apligasa, Carpintería de Aluminio e PVC renova un ano máis a súa axuda económica ao xogador cormelán, co que terá a súa primeira axuda para cubrir o orzamento do 2012. Aínda así, o tenista intentará pechar algún patrocinio máis para poder realizar o maior número posible de torneos internacionais durante esta tempada.

Camiño Londres 2012

Martín Varela ocupa nestes momentos o 2º posto do ranking nacional e o nº 60 do ranking internacional. O cormelán márcase como obxectivos para esta tempada: realizar un bo papel na Copa do Mundo e participar en todos os torneos internacionais que lle sexa posible, para loitar por unha praza no equipo nacional para participar nas Paraolimpiadas de Londres deste ano.

En canto aos torneos, en Cuneo caeu en cuartos de final ante o austríaco Martin Legner, cabeza de serie nº 1 e que ao final gañaría o torneo. En Brasil, o cormelán alcanzou a final de consolación pero perdeu ante o outro español da competición, o madrileño Dani Caverzaschi.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Esteban Varela.

Comentarios