Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Martín Varela non perde a esperanza de Río 2016 tras ser operado con éxito

Martín Varela non perde a esperanza de Río 2016 tras ser operado con éxito
Martin Varela teno claro Martin Varela teno claro

Todo son trabas para este cormelán que pretende facer historia nuns Xogos Olímpicos. Ademais de sortear todos os problemas económicos que supón practicar un deporte minoritario e pouco apoiado como o tenis en cadeira de rodas, unha lesión apareceu no peor momento.

Así e todo, non hai que perfer e fe, pois o tenista cormelán, Martín Varela Dourado, presidente da Asociación Deportiva Vidú, foi operado con éxito da hernia crural que sufría.

O pasado xoves e tras unha hora no quirófano, o Dr. Corbal dou por finalizada a hernioplastia á que se sometiu o deportista de Corme e coa que o cirurxián espera que a hernia non se repita por cuarta vez.

Agora, Martín Varela enfréntase a un proceso de recuperación que rondará os tres meses e que será máis duradeiro do esperado. A pesar de que a súa participación nos Xogos Olímpicos de Río se complica pola duración dos prazos de recuperación, o tenista de Corme non perde a esperanza e xa está pensando en como afrontar a súa volta ás pistas para volver máis forte ca nunca.

Entrevistas con Martín Varela

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de David Castro.

Comentarios