Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Martín Varela segue á súa carreira cara Río 2016 cun subcampionato de España

Martín Varela segue á súa carreira cara Río 2016 cun subcampionato de España
Martin Varela e Alvaro Illober-Foto-David Castro

Segue o cormelán Martín Varela a súa carreira cara as Paraolimpiadas de Río 2016. E o fixo no XXV Campionato de España de tenis en cadeira de rodas, no cal as sensacións foron moi boas. E os resultados tamén, pois a dupla formada polo cormelán Martín Varela e o aresano Álvaro Illobre proclamáronse subcampións de España.

Os tenistas galegos chegaron a final tras superar en cuartos de final á parella formada polo catalán José Coronado e o aragonés Víctor Marcén e vencer en semifinais a Dani Caverzaschi e Quico Tur, os que partían coma uns dos favoritos ao título.

A final deste sábado, estaría colmada por Galicia xa que Martín e Álvaro enfrontaríanse ao tamén galego Martín de la Puente, quen formaba parella co madrileño Roberto Chamizo. Tras un partido moi igualado, a balanza decantouse hacia o lado da dupla número 1 do cadro, pero a pesar da derrota o cormelán e o aresano saíron contentos da pista xa que as sensacións foron moi boas entre a parella galega debido a que o paso dos encontros van mellorando o seu xogo.

En semis do individual

Martin Varela cae nas semis do Campionato de Espana-Foto-David Castro

En canto ao individual, Martín Varela e Álvaro Illobre enfrentáronse nos cuartos de final tras eliminar a Carlos Pina e a José Alberto Álvarez, respectivamente. Logo dun duro e igualado partido, que estivo marcado polas condicións meteorolóxicas, o tenista de Corme levaríase o gato á auga para conseguir o pase a semifinais, onde lle tocaría bailar coa máis fea, Daniel Caverzaschi.

Martín Varela quedaríase ás portas da final tras caer derrotado polo número 1 do ranking nacional por 6-2 e 6-1, nun encontro no que se notou a diferencia de ritmo de xogo entre ambos. O partido contou con xogos moi igualados pero a maioría acabou caendo do lado do claro favorito para o título.

Martín comeza a ver os resultados da preparación que está realizando nos últimos meses e según el “agora toca perfeccionar pequenos detalles para seguir mellorando o xogo co paso dos torneos”.

Entrevistas con Martín Varela

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios