Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Martín Varela buscará esquecer o mal torneo checo na veciña Eslovaquia

Martín Varela buscará esquecer o mal torneo checo na veciña Eslovaquia
Martin Varela no Vinci Wheelchair Open Czech

Segue de xira o teninsta internacional Martín Varela polo este de Europa. O cormelán xa está camiño de Eslovaquia, onde esta fin de semana, do 18 ao 21 de xuño, competira no Slovakia Open, que se disputará en Trnava. Un novo torneo buscando a clasificación para as Paraolimpiadas de Río 2016, que lle servirá para quitar o mal sabor de boca que lle deixou o disputado esta pasada fin de semana na veciña República Checa.

Mal torneo o Vinci Wheelchair Open Czech

Esta semana Martín Varela poñía rumbo a cidade checa de Prostejov para afrontar o Vinci Wheelchair Open Czech cunha gran ilusión para seguir sumando puntos na súa carreira cara Río, pero un pequeno imprevisto fixo que todo se torcese.

No primeiro xogo do partido inicial, o cormelán sufría un forte golpe na cella coa raqueta, algo que condicionou o transcurso do resto do encontro. A pesar do sucedido, Martín non quixo retirarse e tratou de sacar adiante a situación pero a inflamación sufrida e o dolor fixeron que ao cormelán se lle nublase a vista por momentos, algo que fixo que o de Corme non fose quen de rematar o partido en boas condicións e acabaría caendo derrotado polo alemán Peter Seidl.

Tras o golpe sufrido no encontro do cadro individual, Martín non chegou nas condicións óptimas para afrontar o partido de dobres xunto co seu compañeiro Facundo Palacio e a parella hispano-arxentina caíu derrotada pola dupla formada polo polaco Piotr Jaroszewski e o tenista local Micha Stefanu.

Camiño de Eslovaquia

Este mércores, Martín Varela poñerá rumbo hacia a cidade eslovaca de Trnava para competir no Slovakia Open, que se disputará do 18 ao 21 de xuño. Tras os imprevistos sufridos a pasada semana no Vinci Wheelchair Open Czech que non deixaron que o cormelán xogase ao seu mellor nivel e os cales fixeron que caese eliminado, o de Corme emprende a súa viaxe hacia Eslovaquia cos ánimos renovados grazas ao apoio que todos os seus seguidores lle demostrastes e tamén polo gran nivel que mostrou nos adestramentos realizados nas pistas de terra batida do Clube de Tenis Coruña xunto aos seus adestradores Lorenzo Hernández e Adrián Sabrojo.

Salvo cambios de última hora, o torneo, de categoría ITF 3, estará composto por un único cadro individual de 16 tenistas e un de dobres de oito parellas. En canto ao individual, Martín Varela buscará sumar o maior número de puntos posible para seguir adiante coa súa carreira hacia Río 2016 e farao intentando chegar o máis lonxe posible no cadro. Mentres que en dobres, o cormelán formará dupla coa súa parella habitual, o aresano Álvaro Illobre. Os galegos buscarán a súa terceira final consecutiva e o seu primeiro título da tempada.

Entrevistas con Martín Varela

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios