Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Martín Varela segue a súa carreira cara Río 2016 sumando puntos en Madrid

Martín Varela segue a súa carreira cara Río 2016 sumando puntos en Madrid
O cormelan Martin Varela-Foto-David Castro

Segue camiño das paraolimpiadas de Río 2016, Martín Varela. O tenista cormelán cumpriu con creces o seu obxectivo no IV Open ITF Fundación Emilio Sánchez Vicario, no que chegou ás semifinais, sumando así unha importante cifra de puntos na súa carreira hacia Río.

Martín Varela clasificouse para os cuartos de final tras firmar a remontada ante o arxentino Ezequiel Casco, número 3 do cuadro e 36 do ranking ITF, nun partido que estivo marcado polos numerosos erros de ambos xogadores e que finalizou co tanteo de 5/7, 6/4 e 6/4, tras casi tres horas de tenis.
Nos cuartos de final, o tenista da A.D. Vidú enfrentouse ao murciano Kike Siscar ao que superou en dous sets, 6/0 e 6/4. No primeiro, os erros non forzados do tenista de Murcia e a seguridade de Martín nos golpes fixeron que o cormelán deixase ao seu rival en branco. Mentres que no segundo set, un gran Kike Siscar fixo que o galego tivese que sacar o mellor de si mesmo para levarse o partido.

Na mañá do sábado, o tenista de Corme enfrentaríase ao segundo cabeza de serie do torneo, Dani Caverzaschi, por terceira vez na tempada. Pero Martín non tivo un bo día e caeu derrotado ante o madrileño, nun partido no que o galego non estivo acertado, debido ao cansancio acumulado nos encontros anteriores e ao bo xogo de Dani Caverzaschi.

A seguir sumando en Florencia

Este mércores, Martín Varela pon rumbo a cidade florentina para disputar o Internazionale Citta’ di Firenze e seguir sumando puntos na súa carreira cara Río, e co obxectivo de pelexar polo título do segundo cadro, para sumar unha boa cifra de puntos.

A pesar de que o torneo ten unha categoría ITF 3, a Florencia acuden moitos xogadores dunha categoría contrastada e cun elevado ranking ITF. Esto é algo que non beneficia a Martín, xa que salvo cambios de última hora, o cormelán terá que disputar o segundo cuadro do torneo no que partirá como CS4, salvo novidade.

O tenista da A.D. Vidú terá que adaptarse a un novo cambio de superficie, xa que voltará a xogar en terra batida como xa o fixera na República Checa e en Eslovaquia, mentres que en Madrid fíxoo en Green Set.
No que respecta ao cadro de dobres, Martín Varela fará parella co seu amigo e tocaio, o vigués Martín De La Puente co que loitará por chegar o máis lonxe posible no torneo e si se dan ben as cousas, polo título.


Entrevistas con Martín Varela

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios