Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Martín Varela suma os primeiros puntos en Eslovaquia na súa carreira cara Río 2016

Martín Varela suma os primeiros puntos en Eslovaquia na súa carreira cara Río 2016
Martin Varela en Slovakia Martin Varela co Corme

Segue o seu camiño cara as Paraolimpiadas de Río 2016 o cormelán Martín Varela. Logo do mal torneo an República Checa, o cormelán continuaba a xira por Eslovaquia, onde sacou unha vitoria no cadro de consolación que non cumpre coas súas expectactivas pero que lle serve para sumar os seus primeiros puntos na súa carreira cara Río.

No cadro principal do torneo, o sorteo non foi nada benévolo con Martín e o seu primeiro rival sería o austriaco Joseph Riegler, número 2 do cadro e 42 do ranking ITF. O partido de primeira ronda foi moi accidentado para o cormelán, quen sufriu unha caída, a cal conlevou un pinchazo nunha das rodas da cadeira. Este encontro tivo moitos xogos igualados pero Martín non foi quen de decantalos cara o seu bando ante un rival moi eficaz.

Tras esta derrota, ao tenista de Corme tocaríalle pelexar pola consolación aínda que antes sería o turno nos dobres xunto co seu compañeiro e amigo Álvaro Illobre. O sorteo tampouco quixo dar moitas facilidades a Martín e ao aresano no cadro de dobres e os galegos caerían eliminados ante unha dupla formada polo austriaco Martin Legner e o eslovaco Tomas Masaryk quenes souberon aproveitar os poucos erros que concederon os nosos tenistas para levarse a victoria, a pesares de que estes realizaron un gran partido.

Despois destes dous duros golpes sufridos, Martín Varela foi capaz de sacar a súa mellor versión no cadro de consolación. No partido de cuartos de final, o cormelán logrou vencer ao canadiense Misha Bilenky por 6/0 e 6/1 nun partido no que o cormelán cometiu poucos erros non forzados e no que ademáis estivo acertado no servicio. Tras as victorias de Martín Varela e Álvaro Illobre sobre o canadiense Misha Bilenky e o checo Tomas Kvoch, respectivamente, os galegos enfrentaríanse nunha das dúas semifinais do cadro, na que o cormelán venciu ao seu compañeiro e amigo nun duro partido.

Alvaro Illobre e Martin Varela

Logo dun gran comezo no que Martín se puxo cun 4-1 favorable, o aresano foi quen de igualar o partido e incluso tivo dúas bolas para poñerse 5-4 pero o noso tenista aguantou e conseguiu gañar o set cun marcador de 6-4.
No segundo set, o tenista de Corme estivo máis acertado que Álvaro tanto nos golpes coma no servicio e conseguiu levarse o set por un 6-2, ademáis de acadar o pase a final.

No decisivo partido deste cadro de consolación e tras un comezo frío do cormelán no que o checo Petr Utikal se puxo cunha vantaxe de 2/0 no primeiro set, Martín reaccionou para igualar o encontro. Despois desto e grazas á súa gran dereita, o tenista checo puxo o 5/2 no marcador pero con pundonor o de Corme remontou ata poñerse 5/4 e incluso tivo unha bola para igualar o set pero finalmente Petr Utikal levaríase o gato á auga vencendo o primeiro set por 6/4.
No segundo, reinou a igualdade con moitos xogos empatados ata chegar ao tie break, no que Martín venciu con solvencia para levarse o set por un axustado 7/6.
No terceiro e definitivo set, o cormelán mostrou a súa mellor versión a pesar de que o checo puido facer o empate a dous xogos pero tras esto Martín desmarcouse no tanteo para vencer por 6/1 e proclamarse campión do cadro de consolación do Slovakia Open.

Entrevistas con Martín Varela

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios