Xoves. 03.10.2024
El tiempo

Martín Varela volve á competición

Martín Varela volve á competición
Martín Varela no porto de Corme - Foto- David Lourido

Xa van 9 meses nos que non traemos novas dun dos mellores deportistas da Costa da Morte. De feito, dende o seu doblete en Zaragoza do pasado mes de xuño non falabamos del. O cormelán Martín Varela, tivo que aparcar a súa carreira no tenis en cadeira de rodas dende hai case un ano. I é que non podía cos gastos, pois para competir ao seu nivel, e poder acodir nada menos que a unha Copa do Mundo, fan falta moitos cartos.

E ter unha carreira deportiva tremendamente exitosa, estar entre os mellores do mundo, está xenial. Pero cando no canto de facerte rico, tes que arrimar do teu peto, a cousas non é tan doada.
Xa nos falara, sen pelos na lingua, da falta de axudas por parte das administracións, a pesar de ser un dos 3 mellores de España non é considerado pola Xunta como "deportista de alto nivel".

Unha incongruencia que así e todo non arrinca o soño deste home feito a si mesmo tras un accidente de tráfico. E tras 9 meses de parón, obrigado, como dicimos “por non poder costearme torneos e adestramentos”, o cormelán volverá a competición este xoves 3 de abril. Non volve porque de repente apareceu a Xunta para sufragar os gastos, non. Continúa sen unha mísera axuda, nin públca nin privada, pero co aforrado nestes meses pode comezar a prantexarse acodir a varios torneos esta temporada.

Estrearase en Marballe, torneo no que ademais se sinte como en casa, e que, sen ir máis lonxe, vencía o ano pasado. E volve con gañas de “coller ritmo de competición e poder asi recuperar postos no ranking nacional e internacional”. E por que non, volver ser o Campión de España.

Dalleeee Martín!!!

Martin Varela Campion Open Marbella 2013

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios