Xoves. 03.10.2024
El tiempo

Martín Varela volve á Selección Española para disputar o Campionato do Mundo

Martín Varela volve á Selección Española para disputar o Campionato do Mundo
Martin Varela volve a Seleccion Espanola de Tenis en cadeira de rodas

Non tivo máis que participar nun só torneo tras 9 meses inactivo, para que o seleccionador nacional, David Sanz, decidise convocalo de novo. O cormelán Martín Varela volve ser convocado coa Selección Española de Tenis en Cadeira de Rodas. E o fai, ademais, para disputar a Copa do Mundo, a súa 6ª participación.

E iso que non puido rematar o "Open de Marbella”, i é que a inactividade fixo mella e tivo que retirarse na mesma final (alcanzou a individual e a de dobres) por problemas no hombreiro. Así e todo, a súa volta serviu para demostrar que cun pouco de forma Martín está entre os mellores do país, a pesar de que a Federación Galega e a Xunta non o consideren un Deportista de Alto Nivel.

O cormelán, membro da Asociación Deportiva Vidú, segue sen os apoios necesarios para poder competir a nivel internacional, pero afronta este novo paso como un premio. Martín viaxará a Holanda a finais de maio xunto aos seus amigos Álvaro Illobre e Roberto Chamizo Martinez , baixo a capitanía de Fernando Esteve.

Os equipos viaxarán o 24 de maio para comezar a competición o 26 de maio no club de tenis Nieuwe Sloot, situado na cidade holandesa de Alphen aan dean Rijn. A selección absoluta, co seu recente ascenso ao Grupo Mundial, intentará consolidar a súa posición.

Martin Varela a dereita coa Seleccion Espanola

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios