venres. 02.05.2025
El tiempo

Mazaricos preparase para a III ruta BTT

Mazaricos preparase para a III ruta BTT
III ruta btt mazaricos O vindeiro 27 de novembro terá lugar a III ruta BTT organizada polo concello de Mazaricos que discorrerá entre os picos do Aro ata a Ruña. Esta proba de carácter non competitivo está indicada para maiores de 18 anos. Ás 9 horas será a entrega de dorsais no polideportivo da Picota e 45 minutos máis tarde dará comezo a proba que consta de dúas distancias; unha curta de 32 quilómetros e outra longa de 40. Ambas de dificultade media. Varios establecementos hostaleiros do municipio ofrecerán un menú específico que constará dun primeiro prato, dun segundo, postre e café por 10€. Os insterasados en participar poden inscibirse de forma gratuita no 981 867 104 ou a través da páxina web do concello. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Mazaricos
 

Comentarios