![Presentacion Juan Jesus Fisterra]()
Xa coñecemos os encargados de adestrar ao primeiro equipo da S.D. Fisterra de cara á vindeira tempada 2011 – 2012. Serán
Juan Jesús Martínez e César Sánchez. Trátase de xente coñecida, xa que os dous son ex xogadores do conxunto fisterrán, e incluso gañaron a derradeira Copa da Costa do conxunto, no ano 1997.
Os dous técnicos teñen moita experiencia no mundo do fútbol, xa que Juan Jesús, que será o primeiro adestrador, pasou polas categorías inferiores do Sporting de Xixón, entre outros equipos.
César Sánchez será o segundo adestrador. Xogou en conxuntos da terceira división, como o Negreira, que acadara o ascenso a 2ª división B, ou o Santa Comba, equipo onde pasou a maior parte da súa carreira.
Dende a directiva do clube fisterrán agardan que os dous técnicos saiban levar ao equipo o máis alto posible.
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa da S.D. Fisterra.