mércores. 30.04.2025
El tiempo

O Anorthosis remata unha gran temporada á espera de coñecer os postos de ascenso

O Anorthosis remata unha gran temporada á espera de coñecer os postos de ascenso
Anorthosis Vimianzo 14-15-Roi-Miguel-Andres e Gonchu

Rematou a liga para o Anorthosis Vimianzo, xa que na vindeira xornada descansará. Afrontaron os xogadores do Anorthosis este último encontro con todas as esperanzas de conseguir algo positivo. Xogou o equipo soneirán outra vez coa baixa de Andrés Fagín, e por encima lesionouse durante o 2º partido Chris Roy e aínda así sacou un empate que en principio parecía suficiente para acadar o 3º posto na clasificación. Esto xa non será así pois o Breogán Oleiros tamén empataba en Narón ante o líder do grupo e con un punto menos pode superar aos soneiráns se gaña o vindeiro sábado ao Afer F. de Rábade (algo moi probable). Incluso pode rebasar ao conxunto soneirános de Lalín, aínda que para eso teñan que gañar os dous encontros que lles quedan.

Agora só toca esperar á última xornada, e despois de ver os resultados e a clasificación, e comprobar si se pode ascender a 2ª nacional ou non. Se non é deste será noutro ano.

3ª Nacional Grupo Norte

  • Resultado: Anorthosis Vimianzo - CTM Lalín 3-3 (9-15)

Moi ben todos os xogadores costeiros, dando o máximo de sí en cada momento, sobre todo Gonchu que no último partido superou a Antonio Crespo, un xogador que perdeu moi poucos partidos nesta categoría. Mágoa a lesión de Chris Roy no segundo set contra Manuel Fdez Saavedra no cal íao superando por 6-2, pero... Tamén excelente Miki na dirección de equipo e facendo de excelente capitán e gañando un partido. Coma sempre ao final os dous equipos tiveron a tertulia post-partido tomando o aperitivo correspondente.

Vindeira fin de semana

Só se xogan algo importante as rapazas do Aluminios Xeal, pois se gañan un encontro quedarán 1ª na liga de 2ª nacional femenina.

Ademais, en 1ª galega, toca encontro sen importancia pois non van a variar a posición na táboa clasificatoria. O Concello de Zas Aquacenit quedará como 3º pola cola a espensas de renuncias para saber se manten a categoría.

Estes son os Encontros:

  • 2ª división nacional femenina, sábado 25 de abril en Vilalba:
    - Ás 15:30: Concello de Vilalba - Aluminios Xeal.
    - Ás 18:30 TDM Punto K - Aluminios Xeal.
  • 1ª división galega domingo as 11:00 h. no ximnasio do CPI de Zas: Concello de Zas Aquacenit - CTM Coruña.

Crónicas da temporada

Fonte

  • Nota de prensa de Estevo Lema.

Comentarios