O Cabana demostra o seu gran traballo coas categorías inferiores co III Torneo de Fútbol Base Cabana S.D.

Se dalgo pode loubarse o Cabana S.D. é do seu traballo co fútbol base. E así o refrendaron este ano os cadetes, que quedaron a un palmo da Liga Galega, e hai dous anos aquel Cabana da Costa xuvenil que levou o nome da bisbarra por toda Galicia.
Esta fin de semana, os cabaneses organizan o III Torneo de Fútbol Base Cabana S.D. A cita será este sábado 25 de xuño dende as 10:00h da mañá nas Redondas. Xa hai 12 equipos na categoría benxamín e outros tantos na alevín.
A entidade pensa en todo ademais, e enviou a todos os equipos unha invitación completa, na que aconsella aos clubes aproveitar as xornadas para facer turismo polas fermosas praias do concello cabanés, ou facer unha ruta polo Rego dos Muíños, visitar o Dolmen de Dombate ou o Castro Borneiro.


Novas relacionadas
- O Cabana quedouse a un gol da Liga Galega Cadete.
- Repaso ao novo Plan Competicional da Federación para a campaña 2012-2013.
- Crónicas da volta das semifinais: O Castriz sorprendeu e o Soneira aguantou.
- Resultados da fin de semana: O Castriz métese na final e o Cabana cadete queda ás portas da Liga Galega.
Máis información

- Resultados e clasificacións 2010/2011.
- Copa da Costa: www.copadacosta.com.
- QPC MOTOR: quepasanacosta.gal/motor.
- www.facebook.com/quepasanacosta.
- Tuenti de Quepasanacosta.
Citas deportivas do verán
- O Santa Comba prepara o seu Torneo de F7 para esta fin de semana.
- O Baio convoca de novo o curso de adestradores.
- Cita cos maratóns en Baño e Esteiro.
- Campionato de F7 en Carnota.
Novas relacionadas
- A U.D. Corcubión busca xogadores e prepara a tempada que vén cunha Asemblea.
- Os clubes da Costa rexeitan o Plan de Competición da Federación.
- Movementos no fútbol muradán.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).