xoves. 01.05.2025
El tiempo

O Carrumeiro comeza a tempada en Castrelo do Miño

O Carrumeiro comeza a tempada en Castrelo do Miño
O clube maritimo Carrumeiro e o Fisterre desprazaronse esta fin de semana a Castrelo de Mino O clube marítimo Carrumeiro e o Fisterre desprazaronse esta fin de semana a Castrelo de Miño O clube marítimo Carrumeiro participou a pasada de fin de semana na XIX concentración de escolas de vela e regata e na copa da Deputación de Ourense clase Optimist que se celebrou no clube náutico Castrelo do Miño e no que participaron un total de 26 regatistas. O equipo do clube marítimo Carrumeiro participou con sete Optimist. Catro deles - Iago López González, Rubén de Ramón Ayala, Iria Sargatal Quintero e Lena Becerra Monteagudo - participaron na XIX concentración de escolas de vela. Pola outra banda, tres optimist Regata paraticiparon na Regata copa da Deputación de Ourense (Jesús Romero García, Antía González Castro e Miguel Boullosa Insua). Ao evento tamén asistirono real clube náutico de Sanxenxo, o clube náutico de Canido, o clube náutico Fisterre e o organizador: o clube náutico de Castrelo de Miño. O Carrumeiro e o Fisterre acudiron xuntos á regata acompañados de dous monitores co obxectivo de fomentar o traballo conxunto de ambos clubes dándolle así continuidade ao proxecto Interclubers que se inicio en xuño do 2015 e que ten como finalidade unificar recursos.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
  • Clube marítimo Carrumeiro

Comentarios