Os regatistas do Carrumeiro representan á Costa da Morte no Campionato Galego de Vela


Nova fin de semana activa para a famiila do Club Marítimo Carrumeiro participando a pasada fin de semana 4 e 5 de outubro na Regata Clasificatoria do Real Club Náutico da Coruña.
Acodiu o club corcubionés con 8 regatistas, tanto do Grupo Amarelo (dentro do 60 primeiros da táboa) e do Grupo Azul (no segundo corte por non ter disputado o ano pasado suficientes probas), que representaron a toda a Costa da Morte na sección Vela lixeira Clase Optimist no Campionato Galego:
- PAULA TRINIDAD LEO (Grupo Amarelo).
- NACHO RODRIGUEZ CORONILLA (Grupo Amarelo).
- TOMAS FERREIRO SANTOS (Grupo Amarelo).
- JESUS ROMEU GARCIA (Grupo Azul).
- JUAN CARLOS BEIRO EZARA (Grupo Azul Novel: Tempada pasado non realizo o 70% das regatas).
- NICOLAS TOBA QUINTERO (Grupo Azul).
- IOSUNE MUIÑO BERMUDEZ DE CASTRO( Grupo Azul).
- ANTIA GONZALEZ CASTRO (Grupo Azul Novel: Tempada pasada non realizo o 70% das regatas).

O sábado foi unha manga con moitísimo mar, vento racheado e choiva, finalizando a proba inicial pero había moito vento e non se puido facer mais probas. Houbo moitos barcos retirados e vuelcos. Pola contra, o domingo, a intensidade de vento non era suficiente para realizar ningunha proba.
Así e odo, o equipo do C. M. Carrumeiro obtivo da patona Iosune Muiño Bermúdez de Castro un 8º posto no Grupo azul cun total de 73 rivais moitos dos cales retiráronse polas condicións, pero nosa mozo regatista demostrou que o esforzo, a paciencia e resistencia ten resultado.
Vindeira proba
Esta fin de semana do 11 e 12 de outubro toca ir á Coruña, a unha regata Internacional, o “Meeting das Nacións” en clase Optimist.
Calendario
Ademais, o calendario para Ranking 2014/2015:
- Clasificatoria: Master o Corte Ingles RCN Sanxenxo. 12 e 14 setembro 2014.
- Clasificatoria: Meeting Gadis de optimist RCN Coruña 4 e 5 outubro 2014.
- Campionato Galego RCN Sanxenso 14,15 e 16 febreiro 2015.
- Copa Galicia RCN Aguete 14 e 15 Marzo 2015.
- Clasificatoria: Regata RCN de Portosin 11 e 12 Abril 2015.
- Clasificatoria: Regata RCN de Vigo 16 e 17 de Maio 2015.
- Campionato Galego Por Equipos Centro Galego de Vela Villagarcia 5 e 7 de Xuño 2015.
E xa hai probas para o Ranking 2015/2016:
- Clasificatoria Regata R.C.N Sanxenxo 12 e 13 Setembro 2015.
- Clasificatoria Regata R.CN Coruña 3 e 4 de outubro 2015.
Novas relacionadas
- Comezou a campaña náutica para o Carrumeiro.
- Finaliza o Curso de Iniciación a Vela e Kayak do Concello de Muxía.
- A natación tamén chega aos programas lectivos dos centros de ensino de Cee.
- 200 alumnos volverán disfrutar o mar dende a escola.
- O Mar na Escola 2013: Pequenos grumetes diplomados en mar.
- O Mar na Escola 2013: Máis de 130 escolares difrutaron un ano máis do Mar nas horas lectivas.
- O Mar na Escola 2013: Os alumnos de Cee e Dumbría descobren o Mar a vela.
- O Mar na Escola 2013: 150 alumnos aprenden o mar á vela en Corcubión, Cee, Fisterra, Dumbría e Camariñas.
- O Mar na Escola 2012: Os pequenos regatistas de Fisterra xa surcan a ría.
- O Mar na Escola 2012: Preto de 200 escolares xa son regatistas na Costa da Morte.
- O Mar na Escola 2012: 232 mozos de 6 centros escolares disfrutan do mar en horas lectivas.
- O Mar na Escola 2011: Os alumnos de Cee asaltan o mar a vela.
- O Mar na Escola 2010: Os alumnos do Manuela Rial achéganse ao mar con Cataventos.
- O Mar na Escola 2009: Estudiando o mar na Escola .
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).