Domingo. 03.11.2024
El tiempo

O CDM Piragüismo Dumbría acada catro medallas na copa galega de promoción de Slalom

O CDM Piragüismo Dumbría acada catro medallas na copa galega de promoción de Slalom
Brais Sanchez Cancela impusoxe na categoria de Benxamin dentro da copa galega de Promacion de Slalom Brais Sánchez Cancela impusoxe na categoría de Benxamín dentro da copa galega de Promoción de Slalom Un cento de rapaces e rapazas entre 8 e 14 anos procedentes de toda Galicia déronse cita a pasada fin de semana na contorna da fervenza do Ézaro para disputar a copa galega de Promoción de Slalom. O equipo da casa, o CDM Piragüismo Dumbría acadou catro medallas, dúas de ouro e outras tantas de bronce. Algunha que outra racha de vento complicou o traballo dos arbitros ainda que as probas discurriron sen ningún tipo de contratempos cumplindo cos horarios previstos, e coronou un ano máis ó Club Piragüismo Penedo de Caldelas de Tui coma gañador da proba, seguido no podium polo CP Tea de Mondariz e do CDM Piragüismo Teixugos. En canto a actuación dos rapaces do CDM Piragüismo Dumbría, Marcos Sánchez Cancela sumou un novo triunfo antes de desplazarse a Murcia concentrado cos mellores infantiles do estado, e coa vista posta no Campeonato de España que se disputa a vindeira fin de semana na vila de Calasparra e á que chega como primeiro clasificado do ranking nacional. O seu irmán Brais Sánchez Cancela xa empezou a seguirlle os pasos, e tamén se impuña na categoría Benxamín repetindo o triunfo que fai un mes acadara en Monforte. As medallas de bronce foron para Alexia Canosa Rojo e Aroa Lopez Piñeiro no kayak femenino Alevín e Benxamín respectivamente. Esta proba realizouse grazas á colaboración dos membros do CDM Piragüismo Dumbría, ao concello de Dumbría, Ferroatlántica e o Museo da Electricidade do Ézaro. Novas relacionadas

Fonte

Comentarios