xoves. 01.05.2025
El tiempo

O Centro Comercial Finisterrae, epicentro do xadrez provincial

O Centro Comercial Finisterrae, epicentro do xadrez provincial
Torneo de Xadrez de Cee no Circuito Provincial

Tralas citas de O Ézaro, Mazaricos e Arteixo (nun Memorial Miro que venceu o rumano Manolache Marius), toca voltar á Costa da Morte. O I Circuito Intercomarcal Deputación de A Coruña ten parada en Cee, no Centro Comercial Finisterrae, xa unha referencia na materia.

Este sábado 30 de xullo, a partir das 16:30h, o segundo andar do centro encherase de sabedoría para pelexar polos 500€ que hai en premios, e ademais por manterse ben arriba na clasificación xeral do torneo. Aínda poden inscribirse en pokeryajedrez@gmail.com ou no 617234393 ata o venres 29 de xullo.

Calendario de torneos

Circuito Xadrez Deputacion Coruna Este é o Calendario completo: Xullo: – Sábado 9 torneo en Dumbría. – Sábado día 16 torneo en Mazaricos. – Luns día 25 torneo en Arteixo. – Sábado día 30 torneo Finis Terrae Centro Comercial en Cee. Agosto: – Sábado día 6 torneo Val do Dubra. – Luns día 15 de agosto Sada. – Sábado día 20 de agosto A Laracha. Setembro: – Sábado día 3 Carnota. – Domingo día 4 Muxía. – Sábado día 10 Cabana de Bergantiños. – Sábado día 17 Carballo. – Sábado día 24 Cerceda.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios