O Cervecería Troula amosa as súas credenciais
Continúan en marcha as Ligas de Fútbol Sala de Carballo. Tralas tralas primeiras competicións, cos Tasca A Cunca-Supermercado C&M e Carnicería Eusebio como campións dos seus grupos, a segunda fase xa está en marcha. 3 grupos de 7 e 8 equipos que xa marchan pola 2ª xornada.
O Asesoría Suárez, un dos favoritos para levarse a Liga Concello de Carballo, caiu por 4 a 2 ante un Cervecería Troula que segue demostrando que é un equipo a ter en conta para todo. O Carnicería Eusebio segue ao seu e segue gañando, aínda que nesta primeira xornada fíxoo con sufrimento ante o Construccións Maracaná por un axustado 4-3. No outro partido da xornada, o Peluquería Este-Oeste superou ao S2 Informática (4–2).
Na competición que leva o nome da Cervecería Beos, o Brasería Caracola é o líder tras vencer ao Habanos 79 por 6 a 3, seguido do Deportes San Remo que fixo o propio ante o SAT Xulián (5-2). O Talleres Sousa-Rte. Seiruga e o Mesón do Pulpo gañaron os seus partidos por 4 a 2 ante o Dluxe Carballo e o Mar de Menta, respectivamente.
As táboas
Novas relacionadas
- Baíñas FS e Ganados Maroño pelexan polo título da Liga FS Cee.
- Liga Futsal Carballo: O Tasca A Cunca-Supermercado C&M proclamouse campión con moito sufrimento.
- Liga Futsal Carballo: O Carnicería Eusebio xa é campión.
Fonte
- Redacción de David Castro para QPC Deportes ([email protected]).