Liga FS Carballo: O Tasca A Cunca-Supermercado C&M proclamouse campión con moito sufrimento


Decidíase o título do Grupo Vermello da liga regular Alonso Moda no encontro da xornada entre o Tasca A Cunca-Supermercado C&M e o Cervecería Troula, finalmente sería o equipo oleiro quen se proclamaría campión tras vencer 4 a 3. No resto de partidos, o Dolce&Café venciu (4-2) ao Talleres Sousa-Rte.Seiruga, superándoo así na táboa clasificatoria, mentres que os outros tres partidos resolveríanse con goleadas, o Peluquería Este-Oeste golearía ao SAT Xulián (1-6), o Dluxe Carballo vencería ao colista, o Cafetería Habanos 79 (6-1), e o Bodegón Trincado caería sorprendentemente ante o Cervecería Ágora por un claro 7 a 1.
No Grupo Azul, o xa campión, o Carnicería Eusebio goleou (2-8) ao segundo clasificado, o Asesoría Suárez. O S2 Informática venciu con solvencia (7-2) ao Deportes San Remo ao igual que o Construccións Brandón ao Mesón do Pulpo (11-4). O Construccións Maracaná venciu ao Cervecería O Pazo por un axustado 5 a 3, mentres que o Brasería Caracola e o Asesoría Cervantes empataron a tres goles.
Tras este emocionante final, a competición carballesa non se reanudará ata o día 10 de marzo cando voltará o fútbol sala ao pavillón Carballo Calero coa Copa Hotel Restaurante Punta del Este.
Crónica da semana: Tasca A Cunca-Supermercado C&M - Cervecería A Troula (4-3)

- Tasca A Cunca-Supermercado C&M: Brais, Moscoso, David Dourado, Miguel Dourado e Richard. Tamén xogaron: Elías e Juan.

- Cervecería Troula: Puyol, Puñal, Javier, Martín e Marcos. Tamén xogaron: Hugo, Quillo, Chucho, Martín Fuentes e Christian.
- Árbitros: Pablo e Luis (pista) e Juan (mesa). Expulsaron a Moscoso con cartón azul co partido xa rematado.
- Goles: 1-0, min.18: Transición rápida do A Cunca que finaliza Juan no man a man con Puyol. 1-1, min.19: Chucho resolve cun gran lanzamento tras librarse da súa marca. 1-2, min.21: Roubo en media pista do Troula e Martín resolve no man a man con Brais. 2-2, min.33: Xogada combinativa do A Cunca que finaliza Elías cun forte disparo dende tres cuartos de pista que supera a Puyol. 2-3, min.38: Chucho aproveita un rexeite para sacar un potente lanzamento que supera a Brais. 3-3, min.38: Richard recibe de espaldas a portería e bate a Puyol á reviravolta. 4-3, min.39: Contragolpe do A Cunca que finaliza Moscoso.
Trofeos da liga regular Alonso Moda
Fair play Imaxen Peluquerías
- Grupo azul: Mesón do Pulpo-Ralarsa.
- Grupo vermello: Bodegón Trincado.
Pichichi Mar de Menta Viaxes
- Grupo azul: Martín Pradini, do Carnicería Eusebio, con 20 goles.
- Grupo vermello: Daniel Cambre, do Dluxe Carballo, con 24 tantos.
- Grupo azul: David Freijeiro, do Cervecería O Pazo, cun coeficiente de 0,56.
- Grupo vermello: Brais Álvarez, do Tasca A Cunca-Supermercado C&M, cun coeficiente de 0,56.
- X.10: Liga Futsal Carballo: O Carnicería Eusebio xa é campión.
- X.9: Asesoría Suárez e Cervecería Troula esperan o erro dos líderes.
- X.8: O ano novo trouxo sorpresas.
- A Copa disfrutase en Carballo.
- X.7: Collendo posicións e pensando na Copa.
- X.6: O Carnicería Eusebio toma o mando no Grupo Vermello.
- X.5: O Macaraná alcanza o liderato.
- X.4: S2 e Pel. Este-Oeste mandan.
- X.3: Comezan a perfilarse os favoritos ao Playoff polo título na Liga FS de Carballo.
- X.2: Cambio de líder nos dous grupos da Liga de Fútbol Sala de Carballo.
- X.1: Carnicería Eusebio e Cervecería A Troula comezan mandando.
- Futsal Carballo: Os penaltis dan a Supercopa ao Tasca A Cunca/Supermercado C&M.
- Redacción de David Castro para QPC Deportes (davidcastro@quepasanacosta.gal).