Venres. 03.05.2024
El tiempo

Baíñas FS e Ganados Maroño pelexan polo título da Liga FS Cee

Baíñas FS e Ganados Maroño pelexan polo título da Liga FS Cee
Clasficacion da 1ª División da Liga de Fútbol Sala de Cee

Volveron esta semana á competición, tralo parón polo Entroido, as Ligas de Fútbol Sala de Cee. E continúa a cousa moi pelexada cando faltan 6 xornadas para o remate da Liga.

En 1ª División sitúase o Baíñas FS de líder, 2 puntos por riba do Ganados Maroño, pero este conta cun partido menos. Parece que o campionato estará entre estes dous equipos, e terá que pelexar moito o Baíñas para evitar que o Ganados Maroño gañe o título por 5ª vez.
Por abaixo, o Antoxos segue de pechacancelas con 6 untos, por 8 do Ferroatlántica. Ambos perderían a categoría pero A Cantina, con 10, ten que estar moi atento.
É o coñecido Míchel, mítico xogador do Soneira ata este curso, o máximo goleador da categoría, con 22 goles para o propio Ganados Maroño, por diante de Miguelón, do Baíñas, con 22. Ademais, José Ángel, adestrador do cadro soneirán na Preferente é o porteiro menos batido no propio Gan. Maroño, con 24 tantos, só un menos que Rafa, do Baíñas, e 2 que Espi, do Clínica Sar.

Xa na 2ª División, as prazas de ascenso as copan o Montaxes Quintaplast, líder con 36 puntos, e Autolunas-Garaxe Xallas, con 32. Saca este 7 puntos ao 3º, o Recunquiño, polo que parecen case que decididos os equipos que ascenderán.
No tocante aos goleadores, Germán, do Const. Insua, leva 22 goles, polos 19 de Carlos, do Auto. Xallas e os 17 do seu compañeiro Yeray e do fisterrán Pablo.
Brexo, do Fisterra FS, Trillo do Recunquiño e Simón do Recreativos, comparten o posto de menos goleados con 28 tantos.

Liga de Santa Comba

Ademais, o Concello xalleiro vén de publicar o Calendario da Fase Final 1ª xornadas da XXVI LIGA LOCAL DE FÚTBOL SALA CONCELLO DE SANTA COMBA e X Trofeo Concellería de Deportes, que dará comezo o vindeiro luns 24 de marzo.

Liga FS Santa Comba

Ligas de FS de Cee

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios