O CF Dumbría organiza un Torneo de Fútbol base na honra de Manuel Andújar


Comezaron xa os preparativos para o Torneo de Fútbol-8 que terá lugar en Dumbría o vindeiro sábado 2 de xullo, para as categorías Benxamín e Alevín.
Esta edición terá para o CF Dumbría unha significación especial, pois farán unha especial homenaxe a Manuel Andújar, ex vicepresidente do club que faleceu este pasado mes de marzo. Na súa memoria realizarase cada ano un acto deportivo que levará o nome de Memorial Manuel Andújar.
Dende o clube, queren facer tamén partícipes desta homenaxe ós actuais xogadores, corpo técnico e directiva, así como a todos aqueles outros que nalgún momento formaron parte do C.F. Dumbría, e animan a participar neste acto no que farán entrega dunha placa á familia do tristemente finado Andújar.
O Torneo
Un total de 16 equipos nas categorías Benjamín e Alevín desfrutarán dunha xornada de fútbol, piscina e comida, todo proporcionado polo C.F Dumbría. O horario de comezo dos partidos será as 10,00h e as finais están previstas para as 19,30h e 19,45h. O acto de homenaxe no que o Presidente do C.F Dumbría e Alcalde José Manuel Pequeño faralle entrega da placa a familia será as 16,00h.


Novas relacionadas
- Presentada de forma oficial a nova sección de Ciclismo do C.F. Dumbría.
- A canteira da Costa da Morte demostrou o seu potencial no Torneo de Cabana.
Citas deportivas do verán
- Esteiro prepara a area para o Triatlón e o fútbol praia.
- O Baio convoca de novo o curso de adestradores.
- Cita cos maratóns en Baño e Esteiro.
- Campionato de F7 en Carnota.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).