O Conservas afunde mentres o Xiria mantén a liña e o Bm. Xallas se forma
Se ben o Xiria segue na boa liña o Bm. Camariñas non levanta cabeza. E iso que fixo un partido no Areal, entretido ata o minuto 45, pero a partir de aí, como sempre o Camariñas entrou o baixón, non aguantando a presión do resultado, deixándose ir ata o final do encontro, cuxo 25-31 non reflicte para nada a igualdade que se viu en Camariñas.
Ademais, temos novidades dos rapaces do Balonmán Xallas, que esta semana disfrutaron dun partido de primeiro nivel, mentres as categorías inferiores seguen disputando partidos.
Bm. Camariñas - Bm Cisme Pontevedra (25-31)
- BM. CAMARIÑAS: Cristian (p), Víctor (p), Fary, Fabián (1), Felipe (4), Pombo (4), Quin (2), Damián, Moncho, Salva (1), Catalán (9), Xabi (2), Perón (1), Antelo (1).
Foi partido igualado e con alternativas que puideron darlle a vitoria ao equipo local, se puidese responder nos minutos finais do encontro que entre expulsións por protestar, algún erro arbitral e a falta de adestro deixaron marchar vivo ao equipo visitante facéndose este último cunha vantaxe que se fixo xa insalvable nos minutos finais.
Destacar polo Camariñas ao pivote Catalán que fixo un gran partido, e polo Cisne á tripleta central con Kike Domínguez, Dacosta e Amarelle.
Calvo Xiria - S.A.R. Plastic Omnium (40-28)
- Calvo Xiria: Iago [p], Pablo (9), Alex Zas (2), Manuel (1), Cuco (3), Alex García (2), Brais (5) -equipo inicial- Naya [p], Ramón, Ángel (4, 2 de 7 metros), Dubra (4), Sergio (2), Christophe (1).
Fácil vitoria para os carballeses que seguen optando ao máis alto, tralo penúltimo partido da liga de 1ª Estatal para o Calvo Xiria coma local. Enfronte o SAR de Redondela, que ocupa a derradeira praza na táboa clasificatoria, nun partido sen demasiado en xogo respecto á clasificación. Pero si a honra de conseguir dous puntos para calquera dos contendentes. O encontro durou o que o Calvo Xiria tardou en poñerse a correr e a aumentar a intensidade, tanto en defensa como en ataque. Unha primeira metade para esquecer onde os erros foron máis que os acertos e no que o equipo visitante mantivo as súas opcións de conseguir a vitoria. Os carballeses non puxeron as súas armas na pista do Vila de Noia e a permisividade defensiva supuña goles moi fáciles para o SAR e moitas perdas de balón no ataque local, moito máis anárquico que de costume. Mais o panorama trocou logo do paso polos vestiarios. O Xiria empregouse coa intensidade que require calquera enfrontamento nesta categoría e os problemas para os de Redondela multiplicáronse, a velocidade do balón e dos xogadores locais provocaron moitas exclusións ante uns rivais, que neses intres, non atoparon como frear de maneira legal ao Calvo. Dez minutos foron suficientes para levar a diferenza á fronteira dos dez goles e pechar o encontro, que unha vez neste punto xa non tivo máis historia.
O Balonmán Xallas de visita deportiva
Este sábado unha completa expedición do Bm. Xallas desprazáronse a Porriño para disfrutar da 21ª xornada da División de Honra Femenina na que se enfrontaban o Bm. Porriño e o C.LE.BA. León. Foi un partido emocinante no que todo os nenos e nenas disfrutaron de ver un encontro da máxima categoría feminina a nivel nacional en directo.
Antes deste encontro, os equipos benxamín e alevín disputaron un partido amigable contra os nenos e nenas das escolas do Bm. Porriño.
As rapazas do equipo infantil feminino xogaron este domingo en A Coruña o último partido de liga contra o Balonmán Ártabro. As do Bm. Xallas non poideron acadar a victoria pero están a demostrar a súa mellora día a día.
Pola súa banda, os cadetes tiveron descanso, pero a fin de semana que ven disputarán en Sta. Comba unha dobre xornada contra o Bm. Cangas e a A.D. Carballal correspondentes a 4ª xornada da Copa da 2ª División Cadete Masculina.
Vindeira cita
- UNIVERSIDAD DE LEON ADEMAR - CALVO XIRIA: domingo 25/03/2012 ás 12:00h no PAB. UNIVERSITARIO "HANSI RODRIGUEZ".
- CAFES TOSCAF - BM. CAMARIÑAS CONSERVAS BOYA: sábado 24/03/2012 ás 18:00 no P. MPAL. LA MAGDALENA.
Máis información
- Fed. Española Balonmán: Resultados e clasicacións da 1ª Estatal.
- balonman.blogspot.com.
- www.xiria.net/balonman.
Crónicas 2011/2012
- Xornada 22: O Bm. Camariñas tamén perde xogando ben.
- Xronada 21: Escápase a permanencia para o Bm. Camariñas.
- Xornada 20: Só David García Pichel dá unha alegría ao balonmán costeiro.
- Xornada 19: O Bm. Camariñas melloran a imaxe e o Calvo mira cara arriba.
- Xornada 17: Derrota do Conservas e vitoria e convocatoria internacional para o Calvo Xiria.
- Xornada 15: Conservas e Xiria intercambian os papeis.
- Xornada 14: O Conservas Boya non pode co Paraxe Construcciones mentres o Calvo segue arriba.
- Xornada 13: O Calvo demostra ante o Conservas a súa hexemonia na Costa.
- Xornada 12: Dúas derrotas para preparar o histórico enfrontamento entre Calvo e Conservas.
- Xornada 10: Dúas historias distintas para Calvo e Conservas.
- Xornada 8: O Balonmán crece na Costa.
- Xornada 6: Doble vitoria a domicilio para Conservas e Calvo.
- Xornada 4: Mala semana para Calvo e Conservas pero grande data para un carballés internacional.
- Xornada 3: Conservas e Calvo caen fóra da casa.
- Xornada 2: O Balonmán Camariñas acada a súa primeira vitoria en 1ª e o Calvo Xiria xa está engraxado.
- Xornada 1: O Conservas segue pagando a novatadas e o Calvo ponse freo.
Novas relacionadas
- O Balonmán Camariñas acada a súa primeira vitoria en 1ª e o Calvo Xiria xa está engraxado.
- O Balonmán Camariñas refórzase con vellos coñecidos.
- O Balonmán Camariñas xa ten adestrador para a 1ª Nacional.
- O Conservas Boya competirá en categoría nacional.
- O Balonmán invade a Costa de norte a sur.
- Carballo vive unha febre verde chamada Xiria.
- A bitácora da semana (CIV): O blog Balonmán Camariñas .
- Do Xiria á selección española de promesas.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Notas de prensa do Balonmán xallas CF, do Balonmán Camariñas e do Calvo Xiria.