Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Conservas segue sen coller o pulso da categoría e o Calvo mantén opcións co seu primeiro empate

O Conservas segue sen coller o pulso da categoría e o Calvo mantén opcións co seu primeiro empate
O Camariñas ten moito que mellorar, e hai marxe de mellora, e así o demostran partidos como o desta fin de semana, que lle regalou os puntos ao OAR tras moitos minutos de perda de concentración.

Pola súa banda, foi o desta semana o primeiro empate para o Calvo Xiria no que vai de tempada, o reparto de puntos foi co Inzamac Zamora, ata esta xornada segundo clasificado xa que cedeu o seu posto ao Ademar León nunha liga que mantén totalmente abertos os dous postos que dan acceso a xogar fase de ascenso. Neste momento entre os 7 primeiros clasificados tan só hai unha diferenza de 5 puntos.

Agora queda o Bm. Camariñas 12º, antepenúltimo, con 6 puntos; mentres que o Xiria segue 4º con 19 puntos.

Balonmán Camariñas - Consular OAR Coruña (21-30)

  • Bm Camariñas Conservas Boya : Víctor [p], Cristian [p], Alan (2), Fari, Fabián, Felipe (1), Pombo (1), Quin (2), Borja (10), Salva (1), Catalán (1), José Ramón, Xabi (2), Perón (1).

Ten moito que mellorar o BM Caariñas, aínda non se lle colleu ritimo á categoría e aínda faltan táboas na cancha, pero existe marxe de mellora e hai que buscalo de face alfinal de tempada, xa que os males son coñecidos e hai que buscarlles solución.

O Camariñas empezou o partido desconcentrado, encaixando un rotundo 1-9. Pero se foi centrando e a base de bo balonmán, remontou a un 8-9, e aí mantívose o ritmo do partido, 2 por baixo, ata 3 pero dando a cara a un equipo de oficio como o OAR Coruña.
Pero a partir da metade do segundo período volveron amosar os defectos, acusando a falta de concentración e entregando o partido. O OAR fixo o seu partido, aguantando e aproveitándose dos fallos do Conservas Boya para facerse cun partido fácil que os de Camariñas lle entregaron en bandexa.

Calvo Xiria - BM. Inzamac Zamora (29-29)

Comentarios