Xoves. 03.10.2024
El tiempo

O Corcubión sorprendeu ao Castriz e quedou ca Copa de Veteranos

O Corcubión sorprendeu ao Castriz e quedou ca Copa de Veteranos
Os Veteranos do Corcubión celebrando a Copa de Veteranos 2012-Foto- Wash Calvp

Chegaba o Castriz coa vitola de ser o Campión de Liga, e destacado, á Final da Copa de Veteranos. Chegaba ademais tras facer unha granCopa na que só cedeu un empate. Pero enfronte tiña a un Corcubión motivadísimo, que tras facer un comezo de temporada espectacular, desiflouse na segunda volta cando estaba de líder e deixou escapar ao campión.

E vaia se se tomou a revancha o novo cadro corcubionés. O Municipal de Vimianzo acollía a gran final desta Copa da Costa de Veteranos 2012 e máis de 150 siareiros se achegaron a disfrutar co fútbol destes Veteranos, dos que moitos, aínda poderíamos estar véndoos perfectamente nas ligas da Costa.

Castriz - Corcubión (0-1)

  • CASTRIZ: Manolo, Tejero, Esteban Fandiño, Emilio, David, Serra, Mata, Cambón, Sergio, Baña. Tamén: Dani, Souto, Carcopa, Raúl e García.
  • CORCUBIÓN: Cani, Serxio, Tomás, Martín, Fandiño, Castreje, Isi, Javi, Antonio, Miguel, Domingos. Tamén: Campos, Lucas, Jorge, Dani, Pasti.
  • Gol: 0-1, min.75: Miguel.

Como corren estes Veteranos, i é que moitos están máis en forma que os equipos de modestos. Aí puidemos ver aos Serxio, Martín ou Antonio tremendos no Corcubión. Os Serra e Mata tamén demostraron o nivel do cadro xalleiro, e por que é campión de Liga.

Foi o Corcubión o que máis presionou na primeira metade, pero sen demasiadas ocasións. Na segunda a cousa igualouse e cando mellor estaba o Castriz, Miguel fixo o tanto da vitoria. Volcouse o Castriz pero só quedaba un cuarto de hora para evitar que o Corcubión sexa o novo Campión da Copa de Veteranos.

Novas relacionadas

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Artigos futboleiros

Fonte

Comentarios